Julio Silva Vilas, nado en Ribeira o 15 de xullo de 1909 e finado en Santiago de Compostela o 29 de xaneiro de 1937, foi un sindicalista, político e xornalista galego.
Traxectoria Barbeiro. Secretario xeral da UGT de Ribeira. Foi membro da Juventud Cultural Republicana. Colaborou en La Lucha, RAIG e Ser. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Xulgado en Santiago de Compostela por rebelión militar o 21 de decembro con Manuel Fernández Sendón, Eugenio Rodríguez Bilbao, José Sieira González e José Lijó Louro,El Eco de Santiago, 21-12-1936, p. 2. foi condenado a pena de morte. Foi executado no cemiterio de Boisaca de Compostela o 29 de xaneiro de 1937.El Eco de Santiago, 29-1-1937, p. 2. Vida perosal
Casou con Carmen Pérez Martínez o 21 de outubro de 1935, coa que tivo un fillo.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Ve a luz un volume sobre a traxectoria do ribeirense Julio Silva
Categoría:Sindicalistas de UGT Galicia Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Ribeira Categoría:Nados en 1909 Categoría:Finados en 1937 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos