Teresa Rivero Sánchez-Romate, nada en Xerez da Fronteira en 1935, é unha empresaria española e expresidenta do Rayo Vallecano, sendo a primeira muller que chegou á presidencia dun club de fútbol da Primeira División.

Biografía Filla dunha familia acomodada de Xerez da Fronteira, o seu pai Salvador Rivero Pastor era avogado e a súa nai Mª Pepa Sánchez-Romate Pemartín, de clase alta moi vinculada ao cultivo do viño con adegas como Rivero, Sánchez-Romate e Pemartín. Viviu xunto aos seus 6 irmáns na famosa praza da rúa San Marcos en Jerez. Vinculada ao Opus Dei, aos 21 anos coñeceu ao empresario José María Ruiz-Mateos, co que casou dous anos máis tarde. Con el trasladouse a Madrid en 1967.

É marquesa viúva de Olivara (título da Serenísima República de San Marino), polo seu matrimonio con José María. Foi recibida como dama divisera hijadalgo do Ilustre Solar de Tejada.Índice de Diviseros

Teresa era gran afeccionada a tocar a guitarra, pero sempre tiña que deixalo a causa os seus numerosos embarazos. É nai de trece fillos (unha falecida) e dedicouse moitos anos a ser ama de casa.

En 2004 creou xunto ao seu marido unha fundación co fin de mellorar as condicións de vida, socioculturais e educativas dos xerezanos, especialmente dos sectores máis desfavorecidos.

Presidenta do Rayo Vallecano Con 59 anos a súa vida cambiou radicalmente cando o seu marido, máximo accionista do Rayo Vallecano, nombrouna presidenta do club madrileño o 12 de xaneiro de 1994. Deste xeito, Teresa Rivero convertíase na primeira muller en presidir un club da Primeira División, malia recoñecer publicamente non tener ningún coñecemento sobre o mundo do fútbol.

Baixo o seu mandato o club viviu os mellores anos deportivos da súa historia, coa súa mellor tempada en Primeira (a 1999/00, na que foi catro xornadas líder da categoría), a súa mellor actuación na Copa do Rei (a 2000/01) e, sobre todo, chegando a participar na Copa da UEFA, onde acadou os cuartos de final.

Así mesmo, tamén baixo o seu mandato, a sección feminina do club situouse entre os mellores clubs de España, co ascenso á Superliga e a consecución da Copa da Raíña en 2008, o primeiro título oficial na historia do Rayo Vallecano.

Mostra do seu carisma, en 2004 os abonados do Rayo aprobaron en referendo que o Estadio de Vallecas tomase o seu nome.

Xa en febreiro de 2011, as 10 empresas máis importantes de Nueva Rumasa, entre elas o club que presidía, entraron en concurso de acredores. Debido á presión e ao abandono da afección vallecana, en maio os Ruiz-Mateos traspasaron as accións do club ao empresario Raúl Martín Presa.

Condena por fraude fiscal En 2018 foi condenada a sete anos de prisión por fraude fiscal.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Fundación Teresa Rivero Entrevista en La Vanguardia (2001) Entrevista en El Mundo (2002)

Categoría:Nados en Xerez da Fronteira Categoría:Nados en 1935 Categoría:Presidentes do Rayo Vallecano Categoría:Empresarios de España