Fiona Judith Kidman, nada en Hawera o 26 de marzo de 1940, é unha escritora e guionista neozelandesa.
Traxectoria Criouse en Northland, e despois de deixar os estudos traballou como bibliotecaria en Rotorua. En 1960 casou con Ian Kidman (finado en 2017, con quen tivo dous fillos.
Comezou a escribir como xornalista freelance a comezos da década de 1960, e foi orientada no teatro e o teatro radiofónico por Bruce Mason e William Austin. En 1979 publicou a súa primeira novela. A súa obra fala decote da vida da clase traballadora dos suburbios e o rural, así como a súa moral e as súas hipocrisías.
Kidman ten unha grande actividade no mundo literario. Foi presidenta da sección de Nova Zelandia do PEN International entre 1981 e 1983, e presidenta do New Zealand Book Council de 1992 a 1995,, do que é na actualidade presidente de honra. En 1988 fundou a dirixiu a Fiona Kidman Creative Writing School, que na actualidade forma parte da Whitireia Community Polytechnic. Desde 2006 é membro do Katherine Mansfield Memorial do Meridian Energy.
A súa novela The Captive Wife recibiu o premio Readers' Choice en 2006 dentro dos Montana New Zealand Book Awards. Con This Mortal Boy, que recrea os sucesos do "jukebox killer" Paddy Black no cárcere de Mt. Eden en 1955, gañou o premio Acorn Foundation Fiction Obra Novelas A Breed of Women (1979) Mandarin Summer (1981) Paddy's Puzzle (1983) The Book of Secrets (1987) True Stars (1990) Ricochet Baby (1996) Songs from the Violet Café (2003) The Captive Wife (2005) The Infinite Air (2013) All Day at the Movies (2016) This Mortal Boy (2018)
Relatos Mrs Dixon & Friend (1982) Unsuitable Friends (1988) The Foreign Woman (1994) The House Within (1997) The Best of Fiona Kidman's Short Stories (1998) A Needle in the Heart (2002) The Trouble with Fire (2011) On The Train
Poesía Honey & Bitters (1975) On the Tightrope (1977) Going to the Chathams (1985) Wakeful Nights (1993) Where the Left Hand Rests (2010) This Change in the Light (2016)
Teatro Search for Sister Blue (1975)
Non ficción Gone North (1984) Wellington (1989) At the end of Darwin Road (2008)
Como editora New Zealand Love Stories: An Oxford Anthology (1998) The Best New Zealand Fiction:1 (2004) The Best New Zealand Fiction:2 (2005)
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina web oficial . Fiona Kidman , na web do New Zealand Book Council .
Categoría:Nados en 1940 Categoría:Escritores de Nova Zelandia Categoría:Nados en Nova Zelandia Categoría:Escritores en lingua inglesa