Rowley Habib, nado en Oruanui o 24 de abril de 1933 e finado o 3 de abril de 2016, tamén coñecido como Rore Hapipi, foi un escritor neozelandés en lingua maorí.
Traxectoria dereita|miniatura|Placa en Taupo. dereita|miniatura|Poema en Taupo, a carón do río.
Fillo de pai libanés e nai maorí, identificouse coa iwi Ngāti Tūwharetoa. Tivo diversos traballos ao longo da súa vida, desde nunha libraría á construción de centrais hidroeléctricas.
Entre 1956 e 1971 colaborou de forma habitual con relatos na revista maorí Te Ao Hou The New World.Ed. Maggie Awadalla and Paul March-Russell. The Postcolonial Short Story: Contemporary Essays. Palgrave Macmillan 2013
Foi o primeiro maorí en escribir o guión dun filme de televisión, o drama The Gathering (1979), que reflicte a vida dunha muller maior dos tangihanga. En 1976 publicara a obra de teatro maorí Death of the Land, un drama sobre a venda dun antigo territorio.Trisha Dunleavy. Ourselves in Primetime - A History of New Zealand Television Drama. Auckland University Press 2005 Levouse a cabo unha adaptación televisiva en 1978, que incluíu tomas da Marcha pola Terra de 1975. O drama The Protesters gañou o Premio Feltex ao mellor guión en 1983. Na rodaxe participaron actores e actrices como Merata Mita, Jim Moriarty, Billy T. James ou Don Selwyn.
En 1984 foi recoñecido co Katherine Mansfield Menton Fellowship. En 2013 Creative New Zealand concedeulle o Premio Ngā Tohu a Tā Kingi Ihaka Te Waka Toi en recoñecemento pola súa traxectoria ao servizo da arte maorí, describindo a súa obra Death of the Land coma un fito no desenvolvemento do teatro maorí.
Obra Guións de televisión Death of the Land (1976) The Gathering (1979) The Protesters (1983)
Poesía The Raw Men (antoloxía, 2006; O-a-Tia Publishers)
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Rowley Habib A New Voice in New Zealand Writing, na páxina web da National Library of New Zealand List of 13 stories, articles and poems published in Te Ao Hou, na páxina web da National Library of New Zealand
Categoría:Nados en 1933 Categoría:Nados en Nova Zelandia Categoría:Finados en 2016 Categoría:Escritores de Nova Zelandia Categoría:Escritores en lingua maorí