O belga foi unha unidade monetaria de Bélxica, vixente entre 1926 e 1946, coa equivalencia de cinco francos belgas."Le belga ". En Musée. Banque National de Belgique.Leeuwerck, F. (2011).Collinet Ph. (1994-1995).Le franc belge: Encyclopédie des monnaies de circulation belges. Monnaie royale de Belgique. Bruxelas, 1999. Páxina 59.
Historia
A finais de 1925, Bélxica abandonou a Unión Monetaria Latina, que ata daquela a unira a Francia, Suíza, Italia e Grecia, como consecuencia da constante desvalorización das súas moedas. Co fin de estabilizar o franco belga, o ministro Émile Francqui puxo en marcha un programa cuxa primeira medida consistiu na creación do belga, co valor de cinco francos, mediante o decreto do 25 de outubro de 1926."Le statut monétaire de la Belgique". En Bulletin d'information et de documentation. Ano XXXII. Vol. 1. N° 6. Xuño de 1957. Páxina 443. Esta nova unidade debería substituír o franco belga no mercado de cambio internacional. Tales medidas pretendían tomar distancia en relación ao franco francés, daquela nunha situación moi inestable.
Os billetes de banco e de tesouraría mantiveron a dobre denominación (en francos e en belgas) desde 1927 ata a fin da segunda guerra mundial. Entre 1930 e 1934 cuñáronse tres valores en moeda metálica, tamén coa dobre denominación.
Porén, a realidade foi que nin a poboación belga nin os mercados asumiron a nova moeda, que finalmente foi derrogada mediante un decreto do 8 de xaneiro de 1946.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Franco belga
Bibliografía
Collinet Ph. (1994-1995). “Le belga: unité monétaire de 1926 à 1946”. En Vie numismatique. Alliance Européenne Numismatique (AEN). Decembro de 1994 (páxinas 306-317) e abril de 1995 (páxinas 150-162). Leeuwerck, F. (2011). "Twenty years of Belgas". En CoinsWeekly. 6 de xullo.
Categoría:Moedas de Bélxica Categoría:Moedas fóra de curso