Para outros artigos con títulos relacionados, véxase a páxina de homónimos Real Casa da Moeda
A Casa da Moeda Real de Bélxica (en francés: Monnaie royale de Belgique -MRB-; en neerlandés: Koninklijke Munt van België -KMR-) foi o establecemento público do Reino de Bélxica encargado da cuñaxe de moeda ata o cesamento da súa actividade en 2017."Monnaie Royale de Belgique". No sitio web da institución."Royal Belgian Mint - Belgium". En Mints of the World.
A Casa da Moeda Real de Bélxica data de 1832. Con anterioridade etablecérase, xa en 1567, a ceca dos Países Baixos, coa denominación de Munthuis ("Casa da Moeda") na cidade de Utrecht. Desde 1815, só se lle permitiu a esta ceca a cuñaxe das moedas do Reino Unido dos Países Baixos, xunto coa súa sucursal independente en Bruxelas. Logo da secesión belga en 1830, a casa da moeda de Utrecht mantívose como a única institución nos Países Baixos autorizada para cuñar moedas, en tanto que a sucursal de Bruxelas se converteu na Casa da Moeda Real de Bélxica.
As moedas producidas nesta factoría eran logo distribuídas polo Banco Nacional de Bélxica.
Na súa condición de empresa estatal, a ceca belga dependeu da Administración do Tesouro (Administration de la Trésorerie), baixo a autoridade do Ministerio das Finanzas.
Os seus eidos de actividade foron:
A cuñaxe das moedas belgas en circulación e as de colección. A cuñaxe de moedas por encarga doutros países. A cuñaxe de medallas e fichas de diversos tipos.
O edificio que albergou a Monnaie royale de Belgique está en Bruxelas, entre a estación Central e a estación do Norte, preto da Torre das finanzas (Tour des Finances).
O 23 de outubro de 2017, a Casa Real de Moeda de Bélxica realizou as súas derradeiras cuñaxes, xa que a partir desa data o Goberno belga decidiu encomendar a produción das súas moedas a unha compañía privada."Belgian Mint closed (completed)". Euro-Coins.News. 20 de xuño de 2017.Starck, J. "Royal Mint of Belgium announces closure". En Coin World. 21 de agosto de 2017.
O 16 de maio de 2018, a prensa belga anunciou a emisión dunha moeda de 2,5 euros en latón coa imaxe do equipo nacional de fútbol do país, non cuñada por unha sociedade privada, senón pola Real Casa da Moeda dos Países Baixos, que será a encargada de realizar todas as cuñaxes conmemorativas de Bélxica."L’entrée de la Belgique à la Monnaie Royale des Pays Bas ". La Maison de la Monnaie Belge. 24 de febreiro de 2018."Belgische munten voortaan in Nederland gemaakt". En Bruzz.be. 22 de xaneiro de 2018.
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Casa de moeda Sociedade Real de Numismática de Bélxica Real Casa da Moeda dos Países Baixos
Ligazóns externas
Sitio web do Servizo Público Federal de Finanzas
Categoría:Casas de moeda Categoría:Moedas de Bélxica Categoría:Empresas de Bélxica Categoría:Economía de Bélxica Categoría:Historia de Bélxica Categoría:Bruxelas