dereita|miniatura|Tumba de Emma Hosken e Bernard Barham Woodward no cemiterio de Brookwood. Emma Hosken, tamén coñecida como Emma Hosken Woodward, nada en Penryn (Cornualla) o 11 de agosto de 1845 e finada o 16 de xullo de 1884, foi unha escritora británica da época vitoriana.

Traxectoria Filla de Richard Hosken e Emily (nada Nettle). Casou cun seu curmán distante, o reverendo Thomas Butterfill Hosken, reitor da igrexa de Llandefaelog Fach, en Gales, e tiveron un fillo e dúas fillas. O fillo e o seu marido morreron de difteria en 1869 e 1870, e Emma Hosken e as súas fillas regresaron a Penryn para vivir coa nai dela.Hosken on 'At the Circulating Library - A Database of Victorian Fiction 1837-1901

Escribiu dúas novelas, que publicou de forma anónima, Married for Money (1875) e Bitter to Sweet End (1877). En 1881 estaba hospedada na residencia das Irmás da Caridade en Holborn. En 1882 casou con Bernard Barham Woodward (1854–1930), bibliotecario do Museo de Historia Natural de Londres. Woodward publicou a terceira novela de Emma Hosken logo de que ela morrese. En 1885 apareceu Men, Women, and Progress (1885), un texto político que defende a necesidade de moitas reformas necesarias a prol dos dereitos da muller.

Está enterrada a carón de Bernard Barham Woodward e a segunda esposa deste no cemiterio de Brookwood (Surrey).

Obra

Married for Money (1875) Bitter to Sweet End: A Novel (1877; 3 volumes) Men, Women, and Progress (1885)

Notas

Categoría:Nados en 1845 Categoría:Finados en 1884 Categoría:Nados en Cornualla Categoría:Escritores do Reino Unido Categoría:Escritores en lingua inglesa Categoría:Personalidades sen imaxes