Nadiem Amiri, nado o 27 de outubro de 1996 en Ludwigshafen am Rhein, é un futbolista alemán que xoga no Bayer 04 Leverkusen.

Traxectoria Seus pais fuxiron de Afganistán cara a Alemaña na década de 1980Entrevista de Nadiem Amiri con Bamdad Esmaili en WDRforyou de YouTube, é primo de Zubayr Amiri xogador do Hessenligisten SC Hessen Dreieich dende 2014 e mais da selección afgá.

Amiri comezou a súa carreira no equipo xuvenil do Ludwigshafener SC, e tras pasar polo do FC Kaiserslautern pasou ao do SV Waldhof Mannheim. En 2012 entrou no equipo sub-17 do TSG 1899 Hoffenheim, marcando dous goles en 25 aparicións. Un ano despois pasou ao sub-19, logrando tres goles en 21 participacións. Para a tempada 2014/15 asinou unha extensión de contrato ata o verán de 2018 e ao mesmo tempo un contrato profesional para o equipo da Bundesliga do TSG Hoffenheim"Nadiem Amiri erhält Lizenzspieler-Vertrag bis 2018"; achtzehn99.de, 28 de outubro de 2014. Non obstante, primeiro xogou no segundo equipo na Regionalliga Südwest antes de debutar o 7 de febreiro de 2015, con 20 anos, co primeiro equipo na Bundesliga nunha derrota 0-3 contra o VfL Wolfsburg "Schürrle und De Bruyne euphorisieren Wolfsburg"; kicker.de, 7 de febreiro de 2015. Na tempada seguinte, o 28 de novembro de 2015, correspondente á xornada catorce, anotou o seu primeiro gol nun empate 3: 3 contra o Borussia Mönchengladbach, participando tamén nos outros dous goles do seu equipo no partido.

O 12 de xuño de 2017 prolongou o seu contrato co TSG ata o 2020 TSG bindet Nadiem Amiri bis 2020; achtzehn99.de, 12 de xuño de 2017.

Selección nacional Entre 2013 e 2014 completou oito partidos coa selección alemá sub-18, logrando dous goles. Na selección sub-19 en 13 participacións marcou tres goles. No Campionato europeo sub-21 de 2017 en Polonia, Amiri xogou catro dos cinco partidos e finalmente logrou o campionato coa súa selección.

Notas

Categoría:Nados en 1996 Categoría:Nados en Ludwigshafen Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Futbolistas olímpicos de Alemaña Categoría:Xogadores do TSG 1899 Hoffenheim Categoría:Xogadores do Bayer Leverkusen Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Alemaña Categoría:Futbolistas nos Xogos Olímpicos de 2020 Categoría:Xogadores do Mundial de Fútbol de 2026