A comarca de Arzúa é unha comarca galega situada na provincia da Coruña cuxa capital é Arzúa. Pertencen a ela os concellos de Arzúa, Boimorto, O Pino e Touro. Linda polo norte coas comarcas de Ordes e Betanzos, polo leste coa comarca da Terra de Melide, polo oeste coa comarca de Santiago, e no sur ten a comarca de Deza, xa na provincia de Pontevedra.
Poboación A Comarca de Arzúa ten unha poboación avellentada tal e como mostra a seguinte táboa:
Padrón municipal 2020 16.138 habitantes Menores de 15 anos 1.548 (9,59 %) Entre 16 e 64 anos 9.562 (59,25 %) Maiores de 65 anos 5.028 (31,16 %)
Galería de imaxes Vexa o artigo principal en Galería de imaxes da comarca de Arzúa
Notas
Arzúa, Comarca da