Rosetta Nubin, nada en Cotton Plant o 20 de marzo de 1915 e finada en Filadelfia o 9 de outubro de 1973, coñecida como Rosetta Tharpe ou Sister Rosetta Tharpe, foi unha pioneira cantante de gospel estadounidense. Adquiriu gran popularidade nas décadas de 1930 e 1940 coa súa mestura única de letras espirituais e acompañamento rock and roll. Converteuse na primeira grande estrela da música gospel na década de 1930 e é coñecida como "Original soul sister". Influíu de xeito moi forte como unha música moi inicial de rock and roll, a Little Richard, Johnny Cash, Chuck Berry, Elvis Presley ou Jerry Lee Lewis.
Nun intento de cruzar a liña entre a música sagrada e a música profana tocando a súa música espiritual "luminosa" na "escuridade" dos clubs nocturnos e salas de concertos con grandes bandas como acompañantes, o seu idiosincrático estilo deixou unha pegada nos artistas gospel máis convencionais como Ira Tucker, ou os Dixie Hummingbirds. Aínda que ofendeu a moitos fieis coas súas incursións na música pop, nunca deixou a música gospel.Wald, Gayle. Shout, Sister, Shout! p. vii.
Traxectoria Tharpe naceu en Arcansas e comezou a tocar e cantar aos catro anos de idade, anunciada como "A pequena Rosetta Nubin, o milagre da guitarra e o canto", acompañando a súa nai, a evanxelista da Igrexa de Deus en Cristo, Katie Bell Nubin, que tocaba a mandolina e predicaba en igrexas do Sur. Exposta ao blues e ao jazz no Sur e despois de que a súa familia se mudase a Chicago nos anos vinte, comezou a tocar blues e jazz en privado mentres continuaba a tocar gospel en actos públicos. O seu estilo único reflectía esas influencias profanas: tocaba as notas como os músicos de jazz e pinzaba a guitarra como Memphis Minnie, a máis prolífica e popular muller do blues da época, e quizais da historia.
En 1970, durante unha xira en Europa con Muddy Waters, Tharpe enfermou e tivo que volver aos Estados Unidos, onde a causa da diabetes lle foi amputada unha perna. Aínda que deu máis actuacións, faleceu en 1973.McNeil, W. K. Encyclopedia of American gospel music Routledge Consultado o 23 de xaneiro de 2011
Discografía Álbums The Lonesome Road, Decca 224 (1941) Blessed Assurance (1951) Wedding Ceremony of Sister Rosetta Tharpe and Russell Morrison, Decca DA-903 (1951) Gospel Train (1956) Famous Negro Spirituals and Gospel Songs (1957) Sister Rosetta Tharpe, MGM E3821 (1959) Sister Rosetta Tharpe, Omega OSL31 (1960) Gospels in Rhythm (1960) Live in 1960 (1960) The Gospel Truth with the Bally Jenkins Singers (1961) Sister Rosetta Tharpe, Crown LP5236 (1961) Sister on Tour (1962) Live in Paris (1964) Live at the Hot Club de France (1966) Negro Gospel Sister Rosetta Tharpe and the Hot Gospel Tabernacle Choir and Players (1967) Precious Memories, Savoy 14214 (1968) Singing in My Soul, Savoy 14224 (1969)
As súas obras completas ata 1961 foron publicadas en sete caixas de CD dobres polo selo francés Frémeaux & Associés.
Sinxelos Ano Sinxelo Posicións USR&B 1945 "Strange Things Happening Every Day" 2 1948 "Precious Memories" 13 "Up Above My Head, I Hear Music in the Air" 6 1949 "Silent Night" 6
Tributos Shout, Sister, Shout: A Tribute to Sister Rosetta Tharpe (2003)
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Discografía Sister Rosetta Tharpe: The Godmother of Rock & Roll, escrito e dirixido por Mick Csaky, PBS, American Masters, 9 de xaneiro de 2013 The Gospel of Sister Rosetta Tharpe, National Public Radio, All Things Considered, 17 de xaneiro de 2004 Interview with Tharpe biographer Gayle F. Wald, WILL-AM radio, 22 de febreiro de 2007 Sister Rosetta Tharpe: Etched in Stone at Last, National Public Radio, All Things Considered, 20 de marzo de 2009. Pop Music, Wisconsin Public Radio, To the Best of Our Knowledge, 1 de abril de 2007, rebroadcast 24 de marzo de 2008. Premier Guitar – Forgotten Heroes: Sister Rosetta Tharpe
Categoría:Nados no condado de Woodruff Categoría:Nados en 1915 Categoría:Finados en 1973 Categoría:Cantantes de Arcansas Categoría:Guitarristas dos Estados Unidos de América Categoría:Cantantes de gospel