José Castro Soto, coñecido como Pepe do Cristo, nado en Ortigueira e finado no mesmo concello en 1983,La Voz de Galicia, 14-6-1984, p. 61 foi un político galego.

Traxectoria Veciño dos Devesos. Na República foi concelleiro de Ortigueira en 1933. Como consecuencia da folga xeral revolucionaria de 1934 foi detido con Manuel Martínez Blanco e Venerando Yáñez Martínez, acusados de pertencer ao radio comunista e de tenencia de armas.El Correo Gallego, 3-11-1934, p. 2. Xulgados en consello de guerra por auxilio a rebelión o 14 de xaneiro de 1935, José Castro e Manuel Martínez foron condenados. Despois do triunfo electoral da Fronte Popular saíu do cárcere ao beneficiarse dunha amnistía. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu e botouse ao monte. Foi membro dunha partida de fuxidos. Xulgado por rebelión militar, foi declarado en rebeldía.

Vida persoal Casou con Hermesinda López Beceiro e foi pai de Alfonso e Antonio Castro López.

Notas

Véxase tamén Bibliografía Causa nº 513/1934, instruida por el Juzgado Permanente de la 8ª División de la Plaza de El Ferrol (Comandancia Militar de El Ferrol), contra José Castro Soto, Manuel Martínez Blanco y Venerando Yáñez Martínez por tenencia ilícita de armas.

Categoría:Concelleiros de Ortigueira Categoría:Concelleiros de Galicia durante a II República Categoría:Nados en Ortigueira Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes