José Viturro Ozores, nado en Boiro, foi un mariñeiro e sindicalista galego.
Traxectoria Mariñeiro do Cabo da Cruz, foi presidente da UGT de Castro. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu na lancha San José n.º 2 do Cabo da Cruz en xullo. Declarado fuxido e en rebeldía. Foi capturado en 1939 e xulgado por adhesión á rebelión en Ferrol na causa 8/1939. A sentenza do Consello de Guerra foi cadea perpetua en 1941. Estivo preso na illa de San Simón. Concedéronlle a liberdade provisional en xaneiro de 1943.BOE, 1-3-1943, p. 1994.
Notas
Categoría:Sindicalistas da UGT Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados en Boiro Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes