Eino Leino, nado en Paltamo o 6 de xullo de 1878 e finado en Tuusula o 10 de xaneiro de 1926 foi un poeta e xornalista finlandés, considerado un dos pioneiros da poesía finesa. Os seus poemas combinas a modernidade con elementos do folclore finés. O estilo de gran parte da súa obra é similar ao Kalevala e a cancións tradicionais. A natureza, o amor e a desesperación son temas frecuentes na súa obra.

Traxectoria Primeiros anos Eino Leino naceu como Armas Einar Leopold Lönnbohm en Paltamo, sétimo e máis novo fillo dunha familia de dez nenos. O pai de Leino cambiara o seu apelido de Mustonen a Lönnbohm para avanzar na súa carreira. Kasimir Leino, irmán de Eino foi unha importante figura da cultura finlandesa, como poeta, crítico e director teatral. Eino e Kasimir Leino fundaron un xornal literario xuntos en 1898.

Leino publicou o seu primeiro poema aos doce anos, e aos 18 unha colección de poemas, Maaliskuun lauluja.

Os pais de Leino faleceron mentres el estaba aínda na escola. Comezou a súa educación en Kajaani e continuouna en Oulu e Hämeenlinna onde foi acollido por uns parentes. Leino graduouse na Escola de Gramática de Hämeenlinna e comezou na universidade en Helsinqui.

Carreira literaria No principio da súa carreira Eino Leino foi moi adorado e eloxiado polos críticos. Uniuse aos círculos literarios e xornalistas e fíxose membro dos Mozos Fineses. Entre os seus amigos estaban o artista Pekka Halonen e Otto Manninen, que gañou fama como poeta e tradutor.

Trala Guerra Civil Finlandesa, a fe idealista de Leino na unidade nacional colapsou e a súa influencia como xornalista e polemista debilitouse. Garantíuselle unha pensión estatal como escritor en 1918 aos corenta anos. Aínda que publicou prolificamente, tivo problemas financeiros e a súa saúde deteriorouse. "A vida é sempre unha loita coas forzas eternas", escribiu Leino nunca carta de 1925 ao seu amigo Bertel Gripenberg.

Leino publicou máis de setenta libros de poemas e contos. Os máis famosos foron as dúas coleccións de poemas Helkavirsiä (1903 e 1916), en que emprega extensamente a mitoloxía e o folclore fineses.

Ademais de escribir poesía, Eino Leino escribiu en xornais sobre teatro e cultura en xeral, e traduciu obras de importantes escritores como Runeberg e Goethe. Fixo a primeira tradución da Divina Comedia de Dante ao finés.

Leino casou tres veces e tivo unha filla, Helka. Morreu en 1926 aos 47 anos e foi enterrado no cemiterio Hietaniemi de Helsinqui.

A biografía máis detallada de Leino foi escrita na década de 1930 pola súa amante e colega L. Onerva. Na dramática historia, Onerva tamén escribe sobre a súa propia vida.

Estilo literario e importancia Leino é recoñecido como o primeiro e máis importante formador do romanticismo nacional na literatura finlandesa. Realmente, Leino cuñou a expresión neorromanticismo nacional para caracterizar as obras de mozos finlandeses con talento como o compositor Jean Sibelius, o pintor Akseli Gallen-Kallela e o arquitecto Eliel Saarinen.Greene R. et al (eds.): The Princeton Encyclopedia of Poetry and Poetics, p. 489. Princeton University Press, 2012. .

O estilo de Leino desenvolveuse durante os 35 anos da súa carrira. Nos seus primeiro traballos, incluída a célebre colección Helkavirsiä (1903), é visible a influencia do épico Kalevala.

Na metade da súa carreira, Leino traduciu os clásicos da literatura mundial ao finés. Na mesma época escribiu a súa propia obra en varios xéneros: poesía, teatro, ensaios, críticas e outras pezas de xornalismo. A súa obra abrangue un amplo rango emoconal, dende o amor profundo ata á misantropía e a crítica mordaz.

Nos seus últimos anos, logo de problemas na súa vida persoal, Leino volveu aos temas nacionais románticos da súa mocidade.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Poems by Eino Leino at Runosto.net Eino Leino in 375 humanists 15.03.2015, Faculty of Arts, University of Helsinki

Categoría:Nados na rexión de Kainuu Categoría:Nados en 1878 Categoría:Finados en 1926 Categoría:Escritores de Finlandia Categoría:Poetas de Finlandia Categoría:Escritores en lingua finesa Categoría:Xornalistas de Finlandia Categoría:Tradutores de Finlandia