Marie-Christine Koundja, nada en Iriba o 30 de marzo de 1957, é unha escritora e diplomática do Chad. Traballou en varios departamentos ministerios e embaixadas do seu país. É primeira autora publicada do seu país, e escribiu dúas novelas en lingua francesa: Al-Istifakh, ou, L'idylle de mes amis (2001) e Kam-Ndjaha, la dévoreuse (2009). Traxectoria Despois de rematar a educación secundaria estudou Dereito durante un ano na Universidade de N'Djamena, pero deixouno e comezou na escola de secretariado de Yaoundé (Camerún). Traballou para varias axencias estatais do Chad no Camerún, incluído o servizo civil, e despois foi nomeada encargada de asuntos exteriores na embaixada do Chad. Despois foi nomeada primeira secretaria da embaixada do Chad en Abuja (Nixeria).

O seu primeiro libro, Al-Istifakh ou l'idylle de mes amis, editado en Yaoundé en 2001 por Editions Clé, foi a primeira obra publicada dunha muller do Chad.Zuchora-Walske 2009, pp. 70–71. A novela conta a historia dunha parella nova que decide casar sen o consentimento das súas familias polas diferenzas relixiosas e tribais. A novela remata cun final feliz, coa parella vivindo en Francia. Koundja usa o matrimonio para simbolizar os temas sociais da sociedade do seu país desde 1979, e para avogar pola cultura do perdón. A súa segunda novela, Kam-Ndjaha, la dévoreuse, foi publicada en 2009 en París por Éditions Menaibuc. O libro inclúe temas como a pobreza, a infidelidade e a amizade.

Koundja é nai de catro rapaces.

Obra Al-Istifakh ou l'idylle de mes amis (Editions Clé, 2001). . Prefacio de Pascal Charlemagne Messanga Nyamding. Kam-Ndjaha, la dévoreuse (Éditions Menaibuc, 2009).

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Embaixadores do Chad no Camerún Categoría:Escritores do Chad Categoría:Nados en 1957 Categoría:Nados no Chad Categoría:Escritores en lingua francesa Categoría:Alumnos da Universidade de N'Djamena Categoría:Personalidades sen imaxes