Os sidama (en ge'ez: ሲዳማ) son un grupo étnico cuxita que habita tradicionalmente a zona Sidama da Rexión das Nacións, Nacionalidades e Pobos do Sur (SNNPR) en Etiopía. Falan a lingua sidamo, que é unha lingua da póla cuxita das linguas afroasiáticas. Malia o seu gran número, non contan cun estado rexional étnico separado.

Os sidama mantiveron a súa herdanza cultural, incluíndo lingua e relixión tradicional até finais da década de 1880, durante a conquista do emperador Menelik II.S. Y. Hameso, Trevor Trueman, Temesgen M. Erena 1997 Antes diso, os sidama tiñan o seu propio sistema administrativo ben estabelecido que databa cando menos do século IX, aínda que estaba composta por unha coalición de reinos de sidama. Eses reinos estendíanse até a rexión Gibe. Como resultado da marxinación e a que a lingua non ten o seu propio alfabeto, moi pouco se ten escrito sobre os sidama. Ningún sidama puido asistir ó colexio até despois de que Derg chegou ó poder en 1975.

Notas

Categoría:Grupos étnicos de Etiopía