O Sports Club Rasta Vechta é un club profesional de baloncesto da cidade de Vechta, Baixa Saxonia, que xoga na ProA, segunda categoría do baloncesto alemán. Fundado en 1979, o Rasta Vechta pasou a maior parte da súa historia en divisións inferiores do baloncesto alemán, ata que en 2012 ascendeu á ProA, a segunda categoría. En 2014 ascendeu por primeira vez na súa historia á Bundesliga, e dende entón descendeu á ProA e ascendeu de volta á Bundesliga en varias ocasións.

Historia Ano a ano AnoNivelLigaCopa Competicións europeas2009–103 ProB 12º 2010–113 ProB 3º 2011–123 ProB 2º 2012–132 ProA1º 2013–141 BBL18º 2014–152 ProA 10º 2015–162 ProA 2º 2016–171 BBL 17º 2017–182 ProA1º 2018–191 BBL4º 2019–201 BBL9º Oitavos de final3 BCL 2020–211 BBL 18º Fase de grupos

Pavillón O Rasta Vechta xoga os seus encontros como local no Rasta Dome. O pavillón está situado na propia cidade de Vechta. Foi inaugurado o 12 de outubro de 2011. O recinto orixinariamente tiña capacidade para 2.000 persoas, pero foi ampliado a 3.140 para cumprir os requirimentos da Basketball Bundesliga.

Palmarés ProA Campións (2): 2013, 2018 Subcampións (1): 2016

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web oficial

Rasta Vechta