Oshana é unha das catorce rexións de Namibia.

A súa capital é Oshakati.

Xeografía Situada no norte do país, preto da fronteira con Angola, pero se limitar con ela, é a máis pequena das rexións namibianas, ocupando unha extensión de 8 647 km2.

No ano 2017 albergaba unha poboación de 181 898 habitantes,"Namibia's Population by Region". Election Watch. Institute for Public Policy Research (1): 3. 2013. polo que nesa data a súa densidade de poboación era de 21 hab./km².

A súa capital é a cidade de Oshakati, que no ano 2011 tiña unha poboación de 36 541 habitantes. Outras cidades importantes da rexión, achegadas á capital, son Ongwediva e Ondangwa.

O complexo das cidades Oshakati-Ongwediva-Ondangwa experimentou un importante crecemento urbano nos últimos anos, e constitúe un importante foco comercial e industrial. No seu conxunto, forma a segunda maior concentración de poboación de Namibia despois de Windhoek, pero aínda carece de infraestruturas básicas e da maioría dos servizos e instalacións que normalmente se achan en zonas urbanas deste tamaño. A maioría das empresas do norte de Namibia sitúanse aquí, subministrando unha cantidade importante de emprego. Porén, a urbanización continúa dentro da rexión.

O Índice de Desenvolvemento Humano da rexión en 2017 era de 0,669.

Características fisiográficas miniatura|Grans de Pennisetum glaucum. O nome Oshana describe a característica máis destacada da paisaxe da zona, as depresións superficiais e inundadas estacionalmente que fundamentan o sistema agroecolóxico local. Aínda que as comunicacións están obstaculizadas durante a estación de chuvias, os peixes que se reproducen nos oshanas subministran á poboación unha importante fonte de proteínas.

O millo miúdo ou paínzo da especie Pennisetum glaucum é o principal cultivo de Oshana. Porén, o solo está esgotado en gran parte da zona central da rexión, e require unha fertilización substancial para manter unha produtividade razoábel.

O gando tamén se produce ben aquí, e os rabaños son extensos.

A parte sur de Oshana é unha extensa chaira que se estende até o Etosha Pan, pero a salinidade xeralmente elevada do solo e da auga fano inapropiado para o pasto ou o cultivo.

Infraestruturas A rexión está bastante máis densamente poboada ao norte, que está relacionada con Tsumeb e outras rexións por unha estrada troncal de alta calidade; isto tamén facilita o transporte de mercadorías. Porén, requírese unha mellora significativa no resto da rede viaria e noutras formas de comunicacións. Oshakati e Ondangwa teñen aeródromos que utilizan avións de tamaño medio á luz do día. O establecemento dunha torre de control pode contribuír á mellora do transporte aéreo. Hai hospitais razoabelmente bos en Oshakati e Onjiipa. Aínda que existen escolas primarias e secundarias repartidas por toda a rexión, hai poucas en relación ao número de habitante.

Segundo a Enquisa de Forzas de Traballo de Namibia do ano 2012, o desemprego na rexión de Oshana era do 24,5 %. En 2013, Oshana contaba con 137 escolas cun total de 50 740 alumnos.

Galería de imaxes

Notas

Categoría:Rexións de Namibia