Guaduas, cuxo nome colonial é Villa de San Miguel de Guaduas, é un concello colombiano que se atopa no departamento de Cundinamarca. Forma parte da provincia do Bajo Magdalena, da que é a capital.
O sector antigo da cidade é un dos trece centros históricos que foron declarados monumentos nacionais en 1959.
Toponimia O topónimo «Guaduas» fai referencia á guadua, tamén coñecida como cañaza ou tacuara, un xénero de bambú americano.
En 1806, a guadua foi descrita por Alexander von Humboldt e Aimé Bonpland, quen viron esta planta en Colombia e chamárona Bambusa guadua; logo, en 1822 foi clasificada por Carl Sigismund Kunth como Guadua angustifolia. Considérase como unha das plantas nativas máis representativas dos bosques andinos.
Historia Na época precolombiana, o "Valle de las Guaduas" estivo habitado polos indíxenas panches, cuxo asento principal eran os casaríos de Machuca e Calambata, ou "Pueblo de Panches", como se chamou despois, o cal sobreviviu varios anos na categoría de viceparroquia.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina oficial
Categoría:Concellos de Cundinamarca