A miña sogra e mais eu é unha serie de televisión producida por Voz Audivisual para a TVG no ano 2004, creada e escrita por Raúl Dans e Daniel Domínguez e dirixida por Quico Cadaval. O argumento céntrase nun actor en paro, Óscar, que non ten máis remedio que ir vivir coa súa familia á casa da súa sogra, Ana.

Elenco de actores Ana Kiro (Ana, a sogra) Marcos Orsi (Óscar Ledo, o xenro) Carolina Vázquez (Alicia, a muller) Sara Casasnovas (Carol, a filla) Adrián Seijas (Rober, o fillo) Laura Méndez (Lila, a amiga de Rober) Teté Delgado (Nuria, empregada axencia de viaxes) Xoán Pérez (Ricardo, xefe de Alicia e Nuria) Santi Romay (Daví, camareiro do Universal) Evaristo Calvo (Fidel, o representante) Marta Castro (Elvira, a amiga de Ana) Xosé Luís Bernal (Telmo, pretendente de Ana)

Capítulos A grande ilusión Chovendo pedras Sabotaxe O substituto Otelo O rei da comedia Adiviña quen vén esta noite A vida nun fío Crise? Que crise? Naceu unha estrela Sospeita A familia ... e un máis Viaxe a ningunha parte Bola de fogo Pequeno grande home Tes un e-mail Xiro inesperado Touro salvaxe A idade da inocencia A gran bouffe Presunto inocente Nos brazos da muller madura O xogo de Hollywood Viven A fogueira das vanidades Voando a Río

Véxase tamén Ligazóns externas A miña sogra e mais eu en AVG de Culturagalega.org

Categoría:Series da TVG Categoría:Series de televisión de Galicia Categoría:Series de televisión en lingua galega