Herminio González Cobelo,Nalgunhas fontes aparece como Herminio González Covelo nado en Ponteareas cara a 1895 e finado en Xinzo o 31 de outubro de 1936, foi un industrial e político galego. Traxectoria Industrial. Militante do PSOE, foi nomeado conceleiro de Ponteareas en 1924, durante a ditadura de Primo de Rivera.El Tea, 4-2-1924, p. 3. Dende 1928 rexentou o comercio Casa Agraria.El Tea, 3-4-1928, p. 3. Na República foi elixiso concelleiro de Pontearease en 1931. Coa folga xeral revolucionaria de 1934 foi detido, e foi liberado a principios de 1935.El Tea, 4-1-1935, p. 2. Coa vitoria da Fronte Popular foi restituído como concelleiro e foi nomeado primeiro síndico.El Tea, 14-3-1936, p. 1. Foi o último presidente da Casa do Pobo de Ponteareas.

Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 agochouse nunha propiedade da familia na parroquia de Cristiñade, pero ao decatarse de que as patrullas paramilitares resultaban perigosas fuxiu ao monte. Os falanxistas torturaron o seu irmán e encarceraron a súa muller para tratar de capturalo. Pasou a Portugal, pero foi capturado e entregado ás patrullas falanxistas de Ponteareas, que o torturaron en Tui e despois o asasinaron. O seu cadáver apareceu no Pinal do Foxo na parroquia de Xinzo. Fóronlle incautados os bens á súa familia e incoáronlle expediente de responsabilidades políticas en 1941.BOE, 19-7-1941, p. 2862. Vida persoal

Casou con Concepción Trigo Méndez en abril de 1922.El Tea, 13-5-1922, p. 3.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Familias rotas que no pueden olvidar Denuncia ante Garzón por 16 desaparecidos en la Guerra Civil

Categoría:Políticos do PSOE Categoría:Concelleiros de Ponteareas Categoría:Concelleiros de Galicia durante a II República Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Ponteareas Categoría:Finados en 1936 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos