Rábano Mauro Magnencio, tamén chamado Hrábanus Maurus, Rhabanus ou Reabanus, nado en Mainz, c. 780 / 784 e finado en Winkel im Rheingau o 4 de febreiro de 856, foi un teólogo e erudito alemán, un dos promotores do renacemento carolinxio dos séculos VIII e IX. Foi abade de Fulda e arcebispo de Maguncia, e é venerado como beato pola Igrexa Católica.
Traxectoria Rábano Mauro naceu en Mainz (de aí o alcume de Maguntius ou Magnentius), entre 780 e 784. Era fillo de Waluran e Waltrat, membros da aristocracia franca. Aínda mozo, en torno a 790 - 791, ingresou como oblato na abadía beneditina de Fulda, onde estudou e en 801 foi ordenado diácono. Completou os seus estudos na escola de Tours, un dos centros do Renacemento carolinxio, tendo como mestre a Alcuíno de York. Chamouno Maurus, en homenaxe ao discípulo predilecto de Bieito de Nursia, Mauro AbadeConsciente, porén, que en fráncico o nome propio quedaba convertido nun nome parlante: Corvo Negro, que, na súa profunda simboloxía medieval podemos interpretar como equivalente de mestre de beneditinos. Da mesma maneira que o corvo non alimenta as súas crías ata que non lles saen as plumas negras e pode así recoñecer que son fillos seus, así o verdadeiro Mestre tampouco non explica ás súas crías -os estudantes- os misterios da Sagrada Escritura ata que non recoñece que realmente están preparados interiormente para recibilos. Mauro/môr "negro"; fai referencia aquí á cor negra do hábito dos beneditinos.. Dous anos despois volveu a Fulda e dirixiu a escola monástica. O 814 foi ordenado sacerdote.
Fixo unha peregrinación a Xerusalén e en 817 regresou a Fulda, en 822 foi nomeado abade. Durante o seu mandato, escribiu a maior parte das súas obras, seguiu coa reconstrución dos edificios monásticos que o seu predecesor comezara e fixo que o scriptorium e a biblioteca da abadía se contasen entre os máis importantes e ricos de Europa. En 842 deixou o cargo de abade e retirouse a Petersberg, preto de Fulda, onde continuou escribindo.
En 847 foi elixido bispo de Maguncia, cargo que mantivo ata a súa morte en 856. Intentou resolver os problemas da diocese, especialmente durante a gran carestía de 850. Nas controversias teolóxicas e eclesiásticas que tivo que resolver, adoptou posturas bastante ríxidas. No outono de 848 presidiu o sínodo de Maguncia, onde se discutiron as teses do monxe Godescalco sobre a predestinación divina; o sínodo rematou coa condena de Godescalco, que foi fustrigado e condenado a reclusión perpetua.
En política, Rábano apoiou a Lois I do Sacro Imperio Romano na polémica que tivo cos seus fillos arredor da sucesión ao imperio. Despois, apoiou a Lotario I, fillo máis vello e sucesor de Lois I, e contra Carlos o Calvo e Lois o Xermánico. Con este acabou reconciliándose e el mesmo, en 847, cando xa era rei de Alemaña, aceptou o seu nomeamento como bispo de Maguncia.
Morreu o 4 de febreiro de 856 en Winkel e foi enterrado na abadía de Sankt Alban en Maguncia.
Pensamento e obras miniatura|300px| Debuxo de 1631 de Maguncia, que mostra, á esquerda, os restos da abadía de S. Alban, o primeiro enterro de Rábano Mauro. miniatura|300px| Parroquia de Sankt Walburga en Winkel im Rheingau, onde morreu, coa escultura de Rábano Mauro. A reputación de Rábano Mauro está ligada á súa gran produción literaria: teólogo, exexeta, poeta e erudito enciclopedista. As súas obras, en xeral, son recompilacións do coñecemento conservado na época, como era costume daquelaErnst Robert Curtius definiu ao autor como "monótono compilador"., baseadas na literatura patrística, de Agostiño de Hipona a Beda o Venerábel ou Isidoro de Sevilla, e en autores clásicos.
Entre as súas principais obras están:
Commentaria in libros veteris et novi testamenti. Liber de laudibus Sanctae Crucis, unha das máis copiadas durante a Idade Media. De institutione clericorum. De computo. De oblatione puerorum. De praescientia et praedestinatione, de gratia et libero arbitrio. De disciplina ecclesiastica. Paenitentialia. De universo (ou De rerum naturis). Liber de originibus rerum) libri XXII. Martyrologium. De anima. Carmina e Epistulae.
Atribúeselle o himno Veni creator spiritus, pero probabelmente reelaborouno a partir dun himno precedente.
No 855, por orde de Lotario II, reelaborou a polémica Coena Cypriani, converténdoa nun compendio didáctico que se empregaba para memorizar as principais figuras da Biblia.
Máis que un autor orixinal, organizou, sistematizou e difundiu a cultura anterior. Posibelmente por iso tivo unha grande influencia nos séculos centrais da Idade Media: os manuscritos con copias das súas obras abundan en toda Europa occidental e central. Entre os seus discípulos directos había figuras importantes da cultura carolinxia como Lupus Servatus, Walafrid Estrabón, Otfrid de Weissenburg, Godescalco,... A súa actividade educativa valeulle o título de Praeceptor Germaniae (Mestre de Alemaña ).
Veneración Foi sepultado na abadía de Sankt Alban de Maguncia e pronto comezou a ser venerado como un santo. Cando a abadía foi destruída, a mediados do século XVI, os restos foron trasladados a Aschaffenburg, pero hoxe non se coñece o sitio da súa tumba. Está representado como un abade beneditino ou como un bispo erudito que levaba un códice coa inscrición "Veni creator spiritus". A súa festa celébrase o 4 de febreiro.
Notas
Véxase tamén Bibliografía Edicións de obras modernas de Rábano Mauro:
"B. Rabani Mauri Fuldensis abbatis et Moguntini archiepiscopi opera omnia", en: Jacques Paul Migne. Patrologiae cursus completus... Series latina, vol. 107-112, Paris : Migne, 1852-1864. "Epistolae", en: Monumenta Germaniae Historica, Epistolae (in Quart), vol. V, Epistolae Karolini aevi (III), 2 vol., Berlin : Weidmann, 1898-1899. Martyrologium. Liber de computo, ed. J. McCulloh, W. Stevens, Turnhout : Brepols, 1979. De institutione clericorum libri tres. Studien und Edition von Detlev Zimpel, Bern et al. : Peter Lang, 1996. In honorem sanctae crucis, ed. M. Perrin, Turnhout : Brepols, 1997. Hrabanus Maurus, De rerum naturis. Il codice 132 dell'Archivio di Montecassino. Reprodución en CD-ROM. Cassino: Università degli Studi di Cassino, 1997. Expositio in Matthaeum. Pars I, I-IV, Pars II, V-VIII, ed. B. Löfstedt, 2 vol., Turnhout: Brepols, 2000.
Obras sobre o autor: Rabanus Maurus in seiner Zeit: 780-1980, catálogo da exposición de Maguncia, 1980. Mainz: von Zabern, 1980. María Angeles Navarro Girón, La carne de Cristo: el misterio eucarístico a la luz de la controversia entre Pascasio Radberto, Ratramno, Rabano Mauro y Godescalco, Madrid : Universidad Pontificia Comillas, 1989. Raffaele Savigni, Tradizione patristica e cultura carolingia in alcune opere esegetiche di Alcuino e Rabano Mauro, Bologna : Lo scarabeo, 1991. Mayke de Jong, The empire as ecclesia: Hrabanus Maurus and biblical historia for rulers, in The Uses of the Past in the Early Middle Ages a cura di Y. Hen e M. Innes, Cambridge : Cambridge UP, 2000.
Outros artigos
Carmen figuratum
Ligazóns externas
Transcrición de De rerum naturis, segundo ms. Aug. 96 e 68 da Badische Landesbibliothek Karlsruhe Carmina e Veni creator spiritus Opera Omnia na Patrología latina de Migne
Categoría:Enciclopedistas Categoría:Teólogos de Alemaña Categoría:Profesores Categoría:Bispos católicos de Alemaña Categoría:Finados en 856 Categoría:Nados en Maguncia Categoría:Beatos do catolicismo Categoría:Beneditinos de Alemaña