miniatura|450px|Correntes oceánicas no Atlántico sur. A corrente fría de Benguela pódese ver á dereita da imaxe.
A corrente de Benguela é unha corrente fría que flúe cara ao norte e forma a parte oriental do xiro do océano Atlántico sur, e que se dirixe ao norte paralela á costa oeste de África (Suráfrica, Namibia, Angola). Toma o seu nome da cidade angolana de Benguela.
Conforme se vai acercando ao ecuador vai quecendo e derivando cara ao oeste pola forza de Coriolis e pola propia conformación da costa africana orixinando a corrente ecuatorial do Sur (corrente cálida) que se dirixe cara ás costas do Brasil.
Características A corrente de Benguela ten a súa su orixe no ascenso de augas moi frías do fondo abisal do Atlántico sur debido ao movemento de rotación terrestre de oeste a leste. Orixina un clima desértico nas costas de Suráfrica e Namibia (deserto do Namib) porque as augas frías evapóranse con moita maior dificultade en comparación coas correntes cálidas que provocan pluviosidade dada a súa forte evaporación. Este afloramento costeiro de augas frías deixa unha zona libre de nubes canda a costa, o que explica o clima desértico da zona costeira (desertos de Kalahari e do Namib), como pode verse na seguinte ligazón da NASACorrente de Benguela na costa suroccidental de África.
Porén, estas augas frías orixinadas nos fondos abisais son moi ricas en nutrientes que alimentan unha enorme poboación de fitoplancton, primeiro elo da cadea trófica oceánica, co que a pesca na zona é moi abundante.
Notas
Benguela Categoría:Océano Atlántico