«De vogels van Holland» ([]; en galego: «Os paxaros de Holanda») é unha canción escrita por Annie M. G. Schmidt e Cor Lemaire interpretada en neerlandés por Jetty Paerl. Foi elixida para representar aos a Países Baixos no Festival de Eurovisión de 1956 tras obte-lo segundo posto na final nacional neerlandesa Nationaal Songfestival 1956.
Festival de Eurovisión 1956 miniatura|esquerda|Jetty Paerl, intérprete da canción, en 1956. Selección Esta canción participou en Nationaal Songfestival 1956, unha final nacional organizada pola emisora neerlandesa Nederlandse Televisie Stichting para elixir as dúas actuacións que representarían aos Países Baixos no Festival de Eurovisión 1956. Esta celebrouse o 24 de abril de 1956, un mes antes do festival, no estudo de televisión de AVRO en Hilversum.
A canción foi interpretada pola cantante neerlandesa Jetty Paerl en segundo lugar, sucedendo a Corry Brokken con «Ik zei ja» e precedendo a Bert Visser con «Gina mia». O resultado da votación, que foi realizada polos telespectadores enviando tarxetas postais, foi anunciado o 5 de maio. A canción obtivo o segundo posto con 1530 puntos, cualificándose para participar no Festival de Eurovisión xunto á canción «Voorgoed voorbij», que gañou a final con 1854 puntos.
No festival A canción participou no festival celebrado no Teatro Kursaal de Lugano, Suíza, o 24 de maio de 1956, sendo interpretada pola cantante Jetty Paerl. A orquestra foi dirixida por Fernando Paggi.
Foi interpretada en primeiro lugar, precedendo a Suíza con Lys Assia interpretando «Das alte Karussell». O resultado das votacións non foi revelado, polo que se descoñece en que posto terminou a canción.
Notas
Categoría:Cancións de 1956 Categoría:Cancións de Eurovisión 1956 Categoría:Cancións dos Países Baixos en Eurovisión Categoría:Cancións en lingua neerlandesa