Poppa de Bayeux foi a frilla (esposa ao xeito danés/normando) O matrimonio "more danico" ("á danesa") ou "danesche manere" en normando, designa o modo de polixínia practicado polos víkingos implantados en Normandia despois do tratado de Saint-Clair-sur-Epte. do jarl dos normandos Rollon e da nai do duque de Normandía Guillerme Longa Espada.
Traxectoria As súas orixes seguen escuras. Os historiadores apuntan dúas hipóteses:
Segundo Dudon de Saint-Quentin, sería filla do conde Berengario II de Neustria, conde de Bayeux. Mentres a cidade de Bayeux estaba asediada por viquingos liderados por Hrolf Ganger "o Camiñante"Chamado máis tarde Rollon, duque de Normandía., este último matou a Berengario II no momento da captura da cidade (885/889). Rollon prendeu a Poppa e tomouna como "frilla". Segundo os Anais de Jumièges, Poppa sería a filla de Guido, conde de Senlis e a irmá de Bernardo de Senlis.
Nos dous casos, a ascendencia de Poppa é prestixiosa: Berengario II de Neustria foi un dos dous marqueses de Neustria, o encargado de defender a rexión fronte aos normandos, mentres que Guido de Senlis descende pola liña feminina de Eberardo de Friúl.
Outra hipótese, menos prestixiosa, pero polo menos igual de críbel, apuntada polo historiador e especialista Jean Renaud, fai de Poppa unha concubina de Hrólf, unha pastora vida das Illas Hébridas.
Desta unión naceron polo menos dous nenos: unha rapaza chamada Gerloc (bautizada co nome de "Adela" e coñecida como Adela de Normandía, que faleceu no 962) e Guillerme Longa Espada. Este último naceu en ultramar mentres o seu pai Rollon seguía sendo pagán. Podería deducirse que este nacemento foi anterior ao Tratado de Saint-Clair-sur-Epte en 911, data da conversión e instalación definitiva de Rollon en Normandía. Para o historiador Pierre Bauduin, a unión entre Poppa e o líder normando testemuña un vínculo temperán entre este último e a aristocracia franca e permite contemplar baixo unha nova luz o acordo de 911: o rei Carlos o Simple trataba cunha persoa xa parcialmente integrada no reino carolinxio.
Unha estatua de Poppa foi erixida na parte superior dunha fonte na Place de Gaulle en Bayeux. Notas
Véxase tamén Bibliografía Katharine S. B. Keats-Rohan, « Poppa de Bayeux et sa famille », en Onomastique et Parenté dans l'Occident médiéval, Oxford, Prosopographica et genealogica, 2000 (), pp. 140–153 Pierre Bauduin, « Des raids scandinaves à l’établissement de la principauté de Rouen » en Elisabeth Deniaux, Claude Lorren, Pierre Bauduin e Thomas Jarry, La Normandie avant les Normands, de la conquête romaine à l’arrivée des Vikings, Edicions Ouest-France Université, Rennes, 2002, . Rollon, chef viking, por Jean Renaud e Sigrid Renaud|, Éditions Ouest-France Université, 2006,
Categoría:Nados no século IX Categoría:Finados no século X Categoría:Historia de Normandía