«Im Wartesaal zum großen Glück» (; en galego: «Na sala de espera á gran felicidade») é unha canción composta por Walter Andreas Schwarz e interpretada en alemán por Walter Andreas Schwarz. Lanzouse como sinxelo en 1958 mediante Ariola Records. Foi elixida para representar a Alemaña no Festival de Eurovisión de 1956 tras gaña-la final nacional alemá, Schlager & Chansons.

Festival de Eurovisión 1956 Selección «Im Wartesaal zum großen Glück» cualificouse para representar a Alemaña no Festival de Eurovisión 1956 tras gaña-la final nacional alemá, Schlager & Chansons.

No festival A canción participou no festival celebrado no Teatro Kursaal de Lugano o 24 de maio de 1956, sendo interpretada polo cantante alemán Walter Andreas Schwarz. A orquestra foi dirixida por Fernando Paggi.

Foi interpretada en cuarto lugar, seguindo a Bélxica con Fud Leclerc interpretando «Messieurs les noyés de la Seine» e precedendo a Francia con Mathé Altéry interpretando «Le temps perdu». O resultado das votacións non foi revelado, polo que se descoñece en que posto terminou a canción.

Notas

Referencias

Véxase tamén Outros artigos Alemaña no Festival de Eurovisión

Categoría:Cancións en lingua alemá Categoría:Cancións de 1956 Categoría:Sinxelos de 1958 Categoría:Cancións de Eurovisión 1956 Categoría:Cancións de Alemaña en Eurovisión