miniatura|Portada da primeira edición Mary Prince, nada en Brackish Pond (Bermudas) arredor do 1 de outubro de 1788 e finada despois de 1833,David Hughes, "Mary Prince marked with Google Doodle today: who was the abolitionist?", i News, 1 de outubro de 2018. foi unha abolicionista e autobiógrafa británica, nada nunha familia de escravos de orixe africana. Despois da súa fuxida, cando vivía en Londres, escribiu o seu relato de escravitude Mary Prince, unha escrava das indias occidentais (1831), que foi a primeira información sobre a vida dunha muller negra publicada no Reino Unido. Esta descrición en primeira persoa das brutalidades da escravitude, publicada nun momento en que esta aínda era legal nas Bermudas e nas colonias británicas do Caribe, tivo un efecto estimulante no movemento antiescravitude. Foi reimpreso dúas veces no seu primeiro ano.
Prince transcribira a súa historia mentres vivía e traballaba en Inglaterra na casa de Thomas Pringle, fundador da Anti-Slavery Society. Ela marchara a Londres co seu dono e a súa familia en 1828 dende Antiga.
Legado O 26 de outubro de 2007, inaugurouse unha placa conmemorativa por parte do Nubian Jak Community Trust en Bloomsbury, onde viviu Mary Prince."Plaque: Mary Prince", Memorial, London Remembers. Tamén en 2007, o Museum in Docklands abriu unha nova galería e unha exposición permanente titulada London, Sugar & Slavery,Sara Wajid, "London, Sugar & Slavery Opens At Museum In Docklands" , Culture24, 9 de novembro de 2007. que acredita a Prince como unha autora que "tivo un papel crucial na campaña pola abolición".Sara Wajid, "'They bought me as a butcher would a calf or a lamb'", The Guardian, 19 de outubro de 2007.
Representación noutros medios Prince aparece como interese amoroso ficticio na ópera jazz Bridgetower – A Fable of 1807 (2007), de Julian Joseph con libreto de Mike Phillips, sobre o violinista negro do século XVIII George Bridgetower.Bridgetower – A Fable of 1807 , Cast list. No Reino Unido e Irlanda e en partes de Europa e Suramérica, Prince foi obxecto dun Google doodle o 1 de outubro de 2018, coincidindo co seu 230.º aniversario.
Notas
Véxase tamén Bibliografía The History of Mary Prince: A West Indian Slave, F. Westley and A. H. Davis (eds). 1831. Online HTML edition, New York Public Library. Major Problems in American Women's History. Fifth Edition Stamford, Connecticut: Cengage Learning. Edited by Sharon Block at University of California, Irvine and Ruth M. Alexander at Colorado State University and Mary Beth Norton at Cornell University, p. 62. Ligazóns externas The History of Mary Prince, a West Indian Slave. Related by Herself. With a Supplement by the Editor. Londres: Publicado por F. Westley e A. H. Davis, 1831, na University of North Carolina. Spartacus Educational: Mary Prince. "Mary Prince" , 100 Great Black Britons The History of Mary Prince, University of California, Santa Barbara Mary Prince Course, Coker College, Hartsville, South Carolina A Slave Account by Mary Prince, Turks & Caicos Museum
Categoría:Nados nas Bermudas Categoría:Nados en 1788 Categoría:Finados no século XIX Categoría:Escritores do Reino Unido Categoría:Escritores en lingua inglesa Categoría:Abolicionistas