Sarah Margaret Fuller, nada en Cambridge o 23 de maio de 1810Nelson, Randy F. The Almanac of American Letters. Los Altos, California: William Kaufmann, Inc., 1981: 42. e finada preto de Fire Island o 19 de xullo de 1850, foi unha xornalista estadounidense e activista polos dereitos da muller. Foi ademais unha influente unitarista.
Traxectoria Fuller naceu en Massachusetts. O seu pai, Timothy Fuller, xurista deulle unha educación severa e clásica. En 1836, Sarah Margaret Fuller deu clase no Temple School de Boston e entre 1837 e 1839 en Providence, Rhode Island.
Fuller trabou amizade con Ralph Waldo Emerson e participou na fundación unitaria da organización do trascendentalismo en Concord. Cando se uniu a Horace Greeley no New-York Tribune como crítica literariaCallow, Philip. From Noon to Starry Night: A Life of Walt Whitman. Chicago: Ivan R. Dee, 1992: 110. converteuse na primeira xornalista feminina na redacción dun xornal importante.Cheever, 175
A mediados da década de 1840 organizou grupos de discusión de mulleres, en que se falaba de temas variados, como arte, educación e dereitos da muller. Varias figuaras coñecidas do movemento dos dereitos da muller tomaron parte nestas conversas. No transcurso destas charlas desenvolveu a súa obra principal, Woman in the Nineteenth Century ("A muller no século XIX"), que trata da independencia da muller e da necesidade de cambiar a desigualdade das relacións entre os sexos.
O New-York Tribune enviouna como correspondente no estranxeiro a Europa.Cheever, 176 Alí entrevistou moitos escritores destacados, como George Sand e Thomas Carlyle. En Inglaterra, na primavera de 1846, coñeceu a Giuseppe Mazzini, que vivía exiliado de Italia dende 1837.Gura, 235 Fuller tamén coñeceu o revolucionario Giovanni Angelo Ossoli, un marqués que fora desherdado pola súa familia a causa do seu apoio a Mazzini.Dickenson, 188 Fuller e Ossoli foron vivir xuntos a Florencia, posiblemente antes de casaren, aínda que non se sabe con certeza se casaron.Kane, Paul. Poetry of the American Renaissance. New York: George Braziller, 1995: 156. .Cheever, 176–177Slater, 204 Fuller inicialmente opúxose a casar con el, en parte a causa da diferenza nas súas relixións; ela era protestante e el católico.Deiss, 97 O seu fillo Angelo Eugene Philip Ossoli, alcumado Angelino, naceu a principios de setembro de 1848.Gura, 237 A parella mantiña moi en segredo a súa relación, mais, despois de que Angelino sufrise unha doenza sen nome, ocultárona menos.Deiss, 281
A parella apoiou a revolución de Giuseppe Mazzini para proclamar unha república romana. El loitou mentres ela se presentou voluntaria para dirixir un hospital.Von Mehren, 301–302 Cando os republicanos que apoiaban foron derrotados,Blanchard, 268–270; Deiss, 186; Dickenson, 186 abandonaron Italia e decidiron mudarse aos Estados Unidos.Deiss, 302 De camiño, pasaron por París, onde coñeceu a Elizabeth Barrett Browning.Forster, Margaret. Elizabeth Barrett Browning. Nova York: Doubleday, 1989: 239.
Fuller, o seu marido e o seu fillo faleceron en 1850 cando o barco que os transportaba aos Estados Unidos afundiu xunto a Nova York. Con eles perdeuse tamén o manuscrito de Fuller sobre a historia da República Romana. Moitos dos seus escritos foron publicados polo seu irmán Arthur baixo o título At home and Abroad (1856) e Live Without and Life Within (1858). Un cenotafio a Fuller e Ossoli, baixo o que está soterrado Angelino está no cemiterio de Mount Auburn, Cambridge, Massachusetts.Wilson, Susan. Literary Trail of Greater Boston. Boston: Houghton Mifflin Company, 2000: 115.
Obras Summer on the Lakes (1844)Slater, 82 Woman in the Nineteenth Century (1845)Slater, 96 Papers on Literature and Art (1846)Von Mehren, 226 Edicións póstumas Memoirs of Margaret Fuller Ossoli (1852)Von Mehren, 343 At Home and Abroad (1856)Von Mehren, 344 Life Without and Life Within (1858)
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Blanchard, Paula. Margaret Fuller: From Transcendentalism to Revolution. Reading, Massachusetts: Addison-Wesley Publishing Company, 1987. Brooks, Van Wyck. The Flowering of New England. Nova York: E. P. Dutton and Company, Inc., 1952. Cheever, Susan. American Bloomsbury: Louisa May Alcott, Ralph Waldo Emerson, Margaret Fuller, Nathaniel Hawthorne, and Henry David Thoreau; Their Lives, Their Loves, Their Work. Detroit: Thorndike Press, 2006. Deiss, Joseph Jay. The Roman Years of Margaret Fuller. Nova York: Thomas Y. Crowell Company, 1969. Douglas, Ann. The Feminization of American Culture. Nova York: Alfred A. Knopf, 1977. Dickenson, Donna. Margaret Fuller: Writing a Woman's Life. Nova York: St. Martin's Press, 1993. Gura, Philip F. American Transcendentalism: A History. Nova York: Hill and Wang, 2007. Marshall, Megan. Margaret Fuller: A New American Life. Nova York: Mariner Books, 2013. Matteson, John. The Lives of Margaret Fuller: A Biography. Nova York: W.W. Norton, 2012. Slater, Abby. In Search of Margaret Fuller. Nova York: Delacorte Press, 1978. Urbanski, Marie Mitchell Olesen. Margaret Fuller: Feminist Writer and Revolutionary (1810-1850) en Spender, Dale (ed.) Feminist theorists: Three centuries of key women thinkers, Pantheon 1983, pp. 75–89 ISBN 0-394-53438-7 Von Mehren, Joan. Minerva and the Muse: A Life of Margaret Fuller. Amherst: University of Massachusetts Press, 1994. Wilson, Ellen. Margaret Fuller: Bluestocking, Romantic, Revolutionary. Farrah, Strauss e Giroux, Nova York 1977 ISBN 0-374-34807-3 Ligazóns externas Margaret Fuller (Marchesa Ossoli) by Julia Ward Howe in multiple formats at Gutenberg.org Brief biography and links at American Transcendentalism Web Brief biography at Unitarian Universalist Historical Society Brief biography at PBS "Humanity, said Edgar Allan Poe, is divided into Men, Women, and Margaret Fuller" in American Heritage magazine, Vol. 23, Issue 5 (agosto de 1972) por Joseph Jay Deiss "I find no intellect comparable to my own" en American Heritage magazine, Vol. 8, Issue 2 (febreiro de 1957) por Perry Miller Transcendental Woman essay on Fuller by Christopher Benfey from The New York Review of Books "Review of the Memoirs of Margaret Fuller Ossoli", en Friend Of The People, 21 de febreiro de 1852
Categoría:Nados no condado de Middlesex, Massachusetts Categoría:Nados en 1810 Categoría:Finados en 1850 Categoría:Escritores dos Estados Unidos de América Categoría:Escritores en lingua inglesa Categoría:Ensaístas Categoría:Xornalistas dos Estados Unidos de América Categoría:Feministas dos Estados Unidos de América Categoría:Críticos literarios Categoría:Finados por afogamento