Robert Murdoch, nado o 17 de xullo de 1944 e finado o 15 de maio de 2001 a causa dunha apoplexía, foi un futbolista escocés.
Este escocés destacou no mediocampo daquel Celtic histórico gañador da Copa de Europa no 1967 sendo, deste xeito, un máis daqueles Lisbon Lions, que tanta sona tiveron na época. Chegou a Celtic Park sendo ben novo o 23 de outubro de 1959. Representou os de Glasgow en 484 encontros logrando unha suma total de 102 goles.
Despois de marchar de Celtic Park no 1973 seguiu a xogar ó fútbol no Middlesbrough F.C. ata a súa retirada en 1976. Nas tarefas de adestrador comezou levando ás categorías pequenas do propio Middlesbrough para chegar máis adiante a se-lo adestrador do primeiro equipo por só unha tempada, a de 1981-1982.
Na selección escocesa de fútbol xogou 12 partidos metendo 6 goles co que demostrou a súa grande cualidade de ser un centrocampista con cheiro de gol e tamén aquela coherencia no xogo que xa o fixera soado no Celtic.
Categoría:Futbolistas de Escocia Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Nados en Escocia Categoría:Xogadores do Celtic FC Categoría:Xogadores do Middlesbrough FC Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Escocia Categoría:Xogadores do Cambuslang Rangers FC Categoría:Futbolistas gañadores da Liga de Campións da UEFA Categoría:Adestradores de fútbol de Escocia Categoría:Adestradores do Middlesbrough FC