O picafollas asubiadorPenas Patiño, Xosé M.; Pedreira López, Carlos (setembro de 2004). Guía das aves de Galicia. Ilustrado por Calros Silvar (2ª ed.). A Coruña: Baía Edicións. ISBN 84-96128-69-5. (Phylloscopus sibilatrix) é un paseriforme común e moi espallado pertencente á familia Phylloscopidae (antes era considerado un Sylviidae), que se reproduce no norte e zona temperada de Europa, e no extremo oeste de Asia no sur dos Montes Urais. En Galicia é unha ave de paso rara. O nome do xénero Phylloscopus procede do grego antigo phyllon, 'folla' e skopos, 'buscador' (de skopeo, 'ollar'). O nome específico sibilatrix procede do latín e significa 'asubiador'.

Esta ave é fortemente migratoria e toda a poboación vai invernar á África tropical.

Hábitat esquerda|miniatura|Ovos da especie na colección do Museo de Wiesbaden É un paxaro de bosques maduros abertos pero sombreados, como os de faias e carballos, con algúns terreos espallados cubertos para a nidificación. O niño ten forma de cúpula e sitúase a pouca altura nunha matogueira ou arbusto baixo e nel poñen 6 ou 7 ovos en maio; pode haber unha segunda posta. É insectívoro.

Descrición

O picafollas asubiador mide de 11 a 12,5 cm de longo, e parécese a moitos sílvidos, é verde pola parte superior e branco pola inferior cun peito amarelo limón. Pode distinguirse de especies similares, como o picafollas europeo (P. collybita) e o picafollas musical (P. trochilus) polo seu supercilio gorxa e parte superior do peito amarelos, beiras das terciarias claras, unha proxección das primarias máis longa e unha cola máis curta pero máis ancha.

Varios factores asociados coa estrutura do bosque, incluíndo a pendente do terreo, cuberta forestal, proporción dos bosques caducifolios, altura do dosel e lonxitude do bordo do bosque, todos eles inflúen nas taxas de ocupación desta especie forestal en declive. Cómpren medidas de conservación que protexan e manteñan a estrutura forestal preferida por estes picafollas. Teñen tamén unha preferencia polos bosques na estación non reprodutora; porén, ese hábitat está diminuíndo nas zonas de invernada como Ghana. Malia o declive dos hábitats forestais, non parece que cambiase nesas zonas o número de picafollas asubiador porque parece que a especie pode utilizar hábitats degradados, como granxas con bastantes árbores. Porén, unha maior perda de árbores probablemente terá un impacto negativo sobre esta especie no futuro.

Cancións

Ten dous tipos de cancións, a miúdo (pero non sempre) cantadas alternativamente; un trilo metálico fluído e agudo que aumenta o seu tempo e soa , que dura 2 ou 3 segundos, e unha serie de 3 a 5 notas piantes descendentes de ton baixo que soa piüü-piüü-piüü. A chamada de contacto é unha nota piante suave, similar ao segundo tipo de canción, pero máis curta e cantada soa, "piü".

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas descrición e canción no sitio de RSPB

Categoría:Filoscópidos Categoría:Sílvidos Categoría:Animais descritos en 1793