José-Modesto Rodal Lanzós, coñecido como Marrixo, nado en Cangas de Morrazo cara a 1885, foi un mariñeiro e político galego.

Traxectoria Patrón de costa. Foi un dos fundadores da Agrupación Socialista de Cangas, con Lorenzo Corbacho Rodal, Aniceto Franco, Manuel Nores Sotelo, Antonio Varela e Ángel Mato Peña. Directivo da Alianza Marinera e militante da CNT. Coa folga xeral revolucionaria de 1934 foi detido. Logo do triunfo da Fronte Popular nas eleccións de febreiro de 1936, foi nomeado concelleiro de Cangas.

Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido o 26 de xullo cando estaba nunha barbería e ingresou na prisión de Cangas. Foi xulgado en consello de guerra en Pontevedra o 19 de setembro xunto a Agustín Jorge Etcheverri, Francisco Búa Carou, Víctor Sánchez Mártil, Lorenzo Corbacho Rodal, Ángel Fernández del Río, Manuel Sotelo Suárez e Jesús Barreiro Martínez.El Pueblo Gallego, 20-9-1936, p. 7. Foi condenado a cadea perpetua. Estivo preso no campo de concentración da illa de San Simón e despois foi trasladado á prisión do Forte de San Cristovo onde ingresou o 16 de maio de 1937. Sufriu expediente de responsabilidade civil pola Comisión Provincial de Incautación de Bens en 1939.El Pueblo Gallego, 3-1-1939, p. 3. Saíu en liberdade condicional o 29 de agosto de 1940. Conmutáronlle a pena a 4 anos o 12 de decembro de 1942 e obtivo a liberdade definitiva o 5 de xuño de 1944.

Vida persoal Casou con Dolores Blanco Montes, e foi pai de Dolores, Ángel e José Rodal Blanco.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Ficha en Los presos del penal de Ezcaba Xoán chillón (2/11/2016). "Digna, resistente e luminosa" Faro de Vigo.

Bará, Luís (13/12/2014). "Lola Rodal: A paixón da memoria resistente" nondesaesquecemento.blogspot.com

Categoría:Sindicalistas da CRG Categoría:Concelleiros de Cangas de Morrazo Categoría:Concelleiros de Galicia durante a II República Categoría:Políticos do PSOE Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados en Cangas de Morrazo Categoría:Nados en 1885 Categoría:Finados en ano descoñecido Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes