Rosetta Jacobs, nada en Detroit (Míchigan) o 22 de xaneiro de 1932 e finada nos Ánxeles o 14 de outubro de 2023, foi unha actriz estadounidense, coñecida como Piper Laurie. É célebre polos seus papeis nos filmes O buscavidas (1961), Carrie (1976) e Fillos dun deus menor (1986), polos que recibiu candidaturas ao Óscar. Tamén é coñecida pola súa interpretación de Kirsten Arnesen no produción televisiva Days of Wine and Roses e de Catherine Martell na serie Twin Peaks.

Traxectoria O pai de Laurie era un inmigrante polaco que se dedicaba á venda de mobles. A súa nai era estadounidense de orixe rusa. Cando tiña seis anos, a familia trasladouse aos Ánxeles. Laurie era unha nena guapa cunha rechamante cabeleira rubia, mais era moi tímida. Por iso, os seus pais enviárona a clases de dicción e co tampo foi tamén a clases de interpretación nunha escola local.

Cando Laurie cumpriu dezasete anos, os Universal Studios fixáronse nela e asinaron un contrato. Nese momento adoptou o seu nome artístico. En 1950 foi seleccionada para o seu primeiro filme, Louisa, en que coincidiu con Ronald Reagan, co que tivo varias citas antes de que el casase con Nancy Davis. Na autobiografía de Laurie, Learning to Live Out Loud, conta que verdeu a súa virxindade con el.Daniel Bates, "Virgin starlet claims Ronald Reagan was a 'show-off' in bed after seducing her on set of 1950s film in which he played her father", The Daily Mail, 14 de novembro de 2011. Consultado o 18 de xullo de 2013. Pouco despois actuou no seu segundo filme, desta vez con Tony Curtis, co que apareceu en varios filmes posteriores. O estudio encadrou a Laurie no papel de moza atractiva, inxenua e con pouca cabeza e non lle ofrecían papeis en que puidses amosar os seus dotes interpretativos. Aínda que cunha paga semanal de dous mil dólares, Laurie estaba moi ben retribuída, finalmente cansou e comunicou ao seu axente que abandonaba o seu traballo na Universal, sen importarlle as consecuencias.

En 1952 acababa de cumprir vinte anos cando se realizou o primeiro concurso de Miss Universo, e ela foi quen coroou a gañadora, a finlandesa Armi Kuusela. Foi escollida por ser a icona da beleza do momento.

Finalmente, Laurie puido marchar sen maiores inconvenientes e trasladouse a Nova York para reiniciar os seus estudos de interpretación. Ao mesmo tempo, actuou en programas de televisión en directo. En 1957 recibiu unha oferta interesante para un filme, o que a levou novamente ao cinema. A súa verdadeira oportunidade xurdiu en 1961 cando interpretou a amiga discapacitada de Paul Newman en O buscavidas, polo que foi candidata ao Oscar á mellor actriz secundaria. Nesa época casou e cando non recibía ofertas interesantes retirábase á súa casa de Woodstock, preto de Nova York, onde se dedicaba ás tarefas domésticas e á súa filla.

En 1965 interpretou a Laura na montaxe de The Glass Menagerie de Tennessee Williams en Nova York, compartindo cartel con Maureen Stapleton. Tamén comezou a volver aparecer na televisión e foi aceptando ao longo das seguintes décadas un número crecente de papeis en telefilmes e miniseries.

En 1976 Laurie aceptou un papel no filme Carrie, protagonizado por Sissy Spacek. Nel encarnou á nai relixiosa e excéntrica dunha moza tímida e con problemas psíquicos. Pola súa interpretación obtivo a segunda candidatura ao Oscar e relanzou a súa carreira. A terceira conseguiuna en 1986 polo seu papel de nai dunha moza xorda en Fillos dun deus menor. O mesmo ano gañou un Emmy pola súa interpretación no telefilme Promise, con James Garner.

Filmografía Ano Título Papel Notas1950 Louisa Cathy Norton Chris Abbott1951 Francis Goes to the Races Frances Travers Tina1952 Has Anybody Seen My Gal? Millicent Blaisdell Son of Ali Baba Princess Azura of Fez / Kiki No Room for the Groom Lee Kingshead1953 Khairuzan Angelique "Leia" Dureau1954 Johnny Dark Liz Fielding Dangerous Mission Louise Graham Dawn at Socorro Dance Hall Girl1955 Ain't Misbehavin' Sarah Bernhardt Hatfield Smoke Signal Laura Evans 1957 Until They Sail Delia Leslie Friskett 1961 O buscavidas Sarah Packard Candidata ao Oscar á mellor actrizCandidata ao BAFTA á mellor actrizCandidata ao premio Laurel ás mellores interpretacións dramáticas (2.ª)Candidata ao New York Film Critics Circle Award á mellor actriz (3.ª) 1976 Carrie Margaret White Candidata ao Oscar á mellor actriz secundariaCandidata ao Globo de Ouro á mellor actriz secundaria 1977 Ruby Ruby Claire 1978 Rainbow Ethel Gumm 1979 Tim Mary Horton 1981 The Bunker Magda Goebbels 1985 Return to Oz Aunt Em1986 Fillos dun deus menor Mrs. Norman Candidata ao Oscar á mellor actriz secundaria Promise Annie Gilbert TelefilmeEmmy á mellor actriz secundaria en miniserie e telefilmeCandidata ao Globo de Ouro á mellor actriz secundaria en serie, miniserie ou telefilme1988 Appointment with Death Emily Boynton Tiger Warsaw Frances Warsaw 1989 Dream a Little Dream Gena Ettinger 1991 Other People's Money Bea Sullivan 1992 Storyville Constance Fowler 1993 Wrestling Ernest Hemingway Georgia Trauma Adriana Petrescu Lies and Lullabies Margaret Kinsey Telefilme1995 The Grass Harp Dolly Talbo Southeastern Film Critics Association Award á mellor actriz secundaria Fighting For My Daughter Judge Edna Burton Telefilme1997 A Christmas Memory Jennie 1998 Mrs. Olson 2004 Eulogy Charlotte Collins 2007 Hounddog Grammie 2009 Another Harvest Moon June 2010 Hesher Madeleine Forney 2018 White Boy Rick Vera Wershe

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Piper Laurie at Virtual History Interview with Piper Laurie, 25 de agosto de 2014, Classic Film & TV Cafe – Interview with Piper Laurie. The Spectrum, xaneiro de 2016.

Categoría:Nados en Detroit Categoría:Nados en 1932 Categoría:Finados en 2023 Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de teatro dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Alumnos da Art Students League of New York Categoría:Estadounidenses de ascendencia rusa Categoría:Estadounidenses de ascendencia xudeopolaca