Simone Klein Ansaldy, nada en Barcelona o 29 de maio de 1919 e finada en Madrid o 2 de xullo de 2008, foi unha escritora culinaria española de best sellers, coñecida como Simone Ortega.
Traxectoria Naceu en Barcelona, nunha familia orixinaria de Alsacia e publicou o seu primeiro e máis vendido libro, 1080 recetas de cocina en 1972. Estivo casada co editor José Ortega Spottorno, fillo do filósofo José Ortega y Gasset e fundador do xornal El País, ata a morte del en 2002.Obituario de José Ortega en The Independent , consultado o 5 de decembro de 2007
O seu best seller 1080 recetas de cocina vendeu máis de 3,5 millóns de exemplares en España dende que se publicou por primeira vez,Barcelona Degusta: Tribute to Simone Ortega , consultado o 5 de decembro de 2007 e en 2007 levaba 48 edicións.About the book , consultado o 5 de decembro de 2007 En 1987 recibiu o Premio Especial de Gastronomía de España, ao que seguiu o Premio Especial de Comida de España en 2006. Ao outorgar o último premio, o xurado falou de "unha vida enteira dedicada a aconsellar e ensinar aos consumidores sobre cociñar ben e a boa cociña, con especial énfase na calidade dos produtos nacionais". No 2006 tamén recibiu do goberno francés a Orde das Artes e das Letras nunha cerimonia en Madrid, en que Ortega comentou que "máis que ningunha outra cousa, a cociña é o que levou a Francia e a España a achegarse".
Ademais de escribir libros de cociña, Ortega tivo unha columna na revista ¡Hola!, e era colaboradora habitual de varios programas de radio.¡Hola!: Gastronomía , consultado o 5 de decembro de 2007 Os seus últimos libros foron escritos en colaboración coa súa filla, Inés Ortega Klein, chef e autora de libros de cociña.
Obra 1.080 recetas de cocina (1972) Nuevas recetas de cocina (1984) Quesos españoles (1987) La cocina de Madrid (1987) El libro de los potajes, las sopas, las cremas y los gazpachos (1988) Las mejores recetas de Simone Ortega (1990) El Libro de Los Platos de Cuchara (2004)
Notas
Categoría:Nados en Barcelona Categoría:Nados en 1919 Categoría:Finados en 2008 Categoría:Escritores de Cataluña Categoría:Escritores en lingua castelá