Cancioneiro é unha obra de poesía de Eduardo Blanco Amor publicada en Buenos Aires (Arxentina) en 1956 por Galiza Editora. Foi reeditada por Galaxia en 1980 en Poemas galegos.
Características Blanco Amor inclúe unha longa xustificación (como tamén fixo en libros da narrativa e do teatro) na que repasa a poesía galega e entre outras cousas di:
Para Carlos L. Bernárdez: Cancioneiro non é un libro unitario con poemas moi diversos na métrica e nos temas. As referencias formais seguen a ser o influxo musical, neopopularismo, cunha maior presencia de alusión ao mundo trobadoresco como se reflecte no título dunha das partes, "Canzóns de amigo". Salientan os poemas que reflecten un intimismo máis radical, nos que aparece a soidade humana, a experiencia vital, o paso do tempo."Blanco-Amor poeta, entre a tradición e a renovación", análise de Carlos L. Bernárdez.
Con este libro Blanco Amor volve á poesía en galego despois de publicar en castelán Horizonte evadido (1936) e En soledad amena (1941).
Contido 1. Cancioneiro
Adolescencia
2. Canzóns de amigo
Amigo: Quen por ti preguntar
3. Os nocturnos
Era un sombrizo alento solagado
4. De min e da sombra
A fuga A pesca A voz O Areal Romanz O furto O onte O onte O hoxe
5. Obxectos líricos
A danza Romanz de panxoliña Romanz pra día de Reises
6. Canzóns pra cantar
Canzón de albada Canzón de berce Coral a Castelao
7. Baladas dos arbres amigos e dos arbres expulsados
Acacias Castiñeiros Encina Carballo Laranxo Piñeiros
Notas
Categoría:Obras de poesía en galego Categoría:Obras literarias de 1956 Categoría:Eduardo Blanco Amor