miniatura|Palm Desert está situada na área de Palm Springs Palm Desert é unha cidade do condado de Riverside, no estado de California, no val de Coachella (área de Palm Springs), a uns 15 quilómetros ao leste de Palm Springs. Outras cidades no Val Coachella son Cathedral City, Coachella, Desert Hot Springs, Indian Wells, Indio, La Quinta, Palm Springs e Rancho Mirage.
A súa poboación era de 48.445 habitantes no censo do ano 2010. A cidade foi unha das que tivo un maior crecemento no estado durante as décadas dos 80 e 90, comezando con 11.801 habitantes en 1980, dobrando a poboación ata acadar os 23.650 en 1990, e os 35.000 en 1995.
Demografía Palm Desert é o centro de maior desenvolvemento na área de Palm Springs. Palm Desert é un centro moi popular de concentración de pensionistas que veñen fuxindo dos fríos invernos do Canadá e do resto dos Estados Unidos, quen engrosan a súa poboación durante estes meses.
Segundo o censo americano de 2000, a súa poboación era de 41.155 habitantes. En 2006, foi estimada unha poboación de 47.047, un aumento de 5.892 (14,3%).
Xeografía De acordo co United States Census Bureau ten unha área de 63,7 km², das cales 63,1 km² son de terra e 0,6 km² cubertas por auga.
Cidades irmandadas Palm Desert atópase enmarcada no programa de irmandade de cidades do mundo, designado polo Sister Cities International Inc. Wollongong, Australia Osoyoos, Canadá Haifa, Israel La Paz, México Zihuatanejo, México Gisborne, Nova Zelandia Porto Elizabeth, Suráfrica
Puntos de interese Xardín Botánico e Zoolóxico Living Desert El Paseo, centro de Palm Desert e a súa rúa comercial principal Sun City Palm Desert College of the Desert
Localidades veciñas O diagrama seguinte representa as localidades nun radio de 16 km ao redor de Palm Desert. 400px|esquerda|Localidades veciñas
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Palm Desert government page Palm Springs Desert Resort Communities Convention & Visitors Authority
Categoría:Cidades de California Categoría:Condado de Riverside