Ría de Foz - Masma é un espazo natural galego catalogado como zona especial de conservación (ZEC) que inclúe ao río Masma desde o seu comezo, na serra do Xistral, ata a súa chegada ao Cantábrico, a ría de Foz. Esta área de conservación ocupa 643,21 ha. dos concellos das mariñas lucenses central e oriental: Barreiros, Foz, Lourenzá, Mondoñedo. A súa área da ría é tamén unha zona de especial protección para aves (ZEPA Ría de Foz).
Fauna e flora Flora Os hábitats de interese que máis abundan neste espazo son das zonas mariñas e costeiras. Na boca da ría destacan as amplas áreas con Spartina maritimus, en zonas de sedimentación, Juncus maritimus e Halimione portulacoides. Xa no esteiro destacan os carrizais de Phragmites australis e a presenza de Cochelaria aestuarica, un endemismo. Por outra banda, neste espazo existen queirogais costeiros de Erica vagans e turbeiras en solos calcarios de Cladium mariscus e Caricion davallianae. Así mesmo, existen mananciais de interese de conservación.
As especies da flora catalogadas como especies silvestres en réxime de protección especial ou presentes no catalogo galego de especies ameazadas son: Especie Narcissus pseudonarcissus ssp. nobilis
Fauna A ría destaca por ser un lugar de paso de aves, como espátula común e de limícolas, e punto de invernada das aves anátidas. No río Masma está presente o salmón atlántico.
As especies de invertebrados catalogadas como especies silvestres en réxime de protección especial ou presentes no catalogo galego de especies ameazadas son:
Grupo Especie Invertebrados Coenagrion mercuriale Invertebrados Elona quimperiana Invertebrados Geomalacus maculosus Invertebrados Lucanus cervus Invertebrados Ameixa perlífera de río (Margaritifera margaritifera) Peixes Petromyzon marinus Peixes Salmo salar Anfibios Chioglossa lusitanica Anfibios Discoglossus galganoi Mamíferos Galemys pyrenaicus Mamíferos Lutra lutra Mamíferos Myotis myotis Mamíferos Rhinolophus ferrumequinum Mamíferos Rhinolophus hipposideros
Lexislación A Ría de Foz - Masma foi declarada como lugar de importancia comunitaria (LIC) en decembro de 2004 e ascendeu a zona especial de conservación (ZEC) en marzo de 2014. O espazo natural foi declarado ademais, na súa totalidade ou coincidindo en parte, como: Zona de especial protección para as aves “ZEPA Ría de Foz” (ES0000373), 564 ha. Ría do Eo-Praia de Barayo-Ría de Foz (IBA 007), que é o espazo incluído no inventario de SEO/BirdLife de 1998. Refuxio da Fauna LU-8: Ría de Foz.
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Ría Foz - Masma