Daichi 2, tamén coñecido polo acrónimo ALOS 2 (Advanced Land Observing Satellite 2) é un satélite artificial xaponés lanzado o 24 de maio de 2014 desde o Centro Espacial de Tanegashima mediante un foguete H-2A.

Características Daichi 2, ao igual que o seu predecesor, Daichi, está adicado á observación e cartografía terrestres e á busca de recursos naturais, coa diferenza de que unicamente o fai mediante radar de apertura sintética (SAR) en banda L. O SAR de Daichi 2 opera nunha frecuencia de 1,2 GHz, cunha resolución de entre 1 e 10 m segundo o modo de funcionamento.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Daichi

Categoría:Satélites artificiais