As palabras (en ) é unha autobiografía de Jean-Paul Sartre publicada en 1963.
Foi traducida ó galego por Dulce Fernández Graña e François Davo e publicada por Edicións Laiovento no ano 1999. No ano 2005, foi publicado de novo cunha tradución de Fernández Graña e Davo dentro da colección Biblioteca Galega de Clásicos Universais.
Estrutura O texto divídese en dúas partes de lonxitude semellante, tituladas "Lendo" e "Escribindo". Porén, segundo o estudoso francés Philippe Lejeune, esta división só é unha cuestión de aparencia, xa que non afecta a progresión cronolóxica do texto. No canto diso, coida máis axeitado dividir o texto en cinco partes ou "actos":
O primeiro acto presenta, de maneira cronolóxica, a "prehistoria" da nenez e a orixe familiar de Sartre. O segundo acto relata os diferentes papeis que Sartre se asignaba a si mesmo dentro da reclusión dun mundo imaxinario, feito posible pola súa familia. O terceiro acto conta o intre no que toma consciencia da súa impostura, a súa propia continxencia, medo á morte e a fealdade (ideas que se encadran no contexto da súa filosofía existencialista). O cuarto acto consiste no desenvolvemento dunha nova impostura, na que Sartre adopta diferentes estilos de escrita. No quinto acto, Sartre relata o seu propio engano, o cal considera a fonte do seu dinamismo. Nesta parte anuncia a escrita dun futuro segundo libro, que non chegaría xamais a completar.
Nun primeiro momento, Sartre pensou en Jean sans terre como título alternativo.Boulé, Jean-Pierre. 2005. Sartre, Self-Formation, and Masculinities.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Biblioteca Galega de Clásicos Universais
Categoría:Obras literarias de 1963 Categoría:Obras literarias en francés Categoría:Obras traducidas do francés ao galego