María Valentina Martínez Ferro, nada en Santiago de Compostela o 21 de xuño de 1976, é unha política galega do Partido Popular, deputada no Congreso dos Deputados.

Traxectoria Licenciouse en ciencias políticas e da administración na Universidade de Santiago de Compostela e realizou un mestrado en estudos europeos na Universidade Católica de Lovaina. Especializada en relacións internacionais, formou parte da Secretaría de Relacións Internacionais do Partido Popular de 2002 a 2012.

Foi de número 28 da lista do PP para as eleccións ao Congreso dos Deputados de 2011 pola circunscrición de Madrid sen saír elixida, e no ano seguinte asumiu o posto de directora de gabinete de Jorge Moragas, director pola súa banda do gabinete do presidente do Goberno, Mariano Rajoy. Tras a renuncia de Alberto Ruiz-Gallardón en 2014, tomou posesión como deputada e nesa lexislatura exerceu de voceira adxunta na Comisión de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento e como vogal na Comisión de Asuntos Exteriores e mais na de Orzamentos.

Nas eleccións ao Congreso de 2016 foi de número 17 por Madrid sen entrar na cámara nun primeiro momento. Secasí, tomou posesión como deputada da XII lexislatura o 19 de xuño de 2018 ao substituír a Mariano Rajoy despois da súa renuncia.

Nas eleccións xerais de abril de 2019 ocupou o terceiro posto na lista do PP pola provincia da Coruña, e logrou entrar na cámara baixa. En xullo de 2019 integrouse como vogal nas comisións de Asuntos Exteriores, Transición Ecolóxica, Cooperación Internacional para o Desenvolvemento e na Comisión Mixta Congreso-Senado para a Unión Europea.. Dende 2019 é secretaria de relacións internacionais do PP"Valentina Martínez, secretaria de RRII do PP: "Deberiamos chegar a acordos e non someter outra vez a un estrés electoral". CRTVG, 5 de agosto de 2019. Nas eleccións xerais de novembro recuncou na lista do partido pola Coruña e mantivo o seu escano.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Lista de deputados galegos no Congreso desde a Transición Ligazóns externas Ficha na páxina web do Congreso dos Deputados

Categoría:Nados en 1976 Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Deputados do Congreso dos Deputados polo PP Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (XIII Lexislatura) Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (X Lexislatura) Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (XII Lexislatura) Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados pola provincia da Coruña