miniatura|Decreto polo que se crea o Instituto de Lugo (antecesor do IES Lucus Augusti), na Gaceta de Madrid do 6 de decembro de 1842. O IES Lucus Augusti é un instituto de Ensino secundario sito na cidade de Lugo. Foi creado a partir dunha Real Orde do 30 de novembro de 1842. É, polo tanto, o instituto decano de Galicia e un dos Institutos Históricos de Galicia e forma tamén parte da Asociación Nacional para a Defensa do Patrimonio dos Institutos Históricos (ANDPIH).

Ao longo da historia recibiu os nomes de Instituto Provincial de Segunda Enseñanza de Lugo, Instituto Nacional de Lugo, Instituto de LugoJaramillo & Prado Gómez (1992) e Instituto Masculino de Lugo.Prado Gómez (2011), p. 153

Recoñecementos O 6 de marzo de 2018, o Ministro de Educación, Cultura e Deporte, Íñigo Méndez de Vigo y Montojo, concedeulle ao instituto o ingreso na Orde Civil de Afonso X o Sabio, na que se premia os méritos en educación, cultura e ciencia. En febreiro de 2019, a Ministra de Educación e Formación Profesional, Isabel Celaá, entregou unha placa conmemorativa acreditando o acto.

Etapas e localizacións físicas do instituto

1842-1848: Edificio do Seminario Conciliar (hoxe, o colexio Franciscanos, de Lugo). 1848-1862: marchou a Monforte. 1862-1873: no edificio do concello, na parte posterior. 1873-1950: nun lateral do edificio construído para albergar a Deputación. 1950-actualidade: edificio actual.

Lista de directores (até 1975) Esta é unha lista dos directores, nas diferentes etapas do instituto, até 1975.Prado Gómez (2013), pp. 415-416 PeríodoNomeMateria impartida1842-1846José Jorge de la Peña y RelobaFísica / Agricultura1846-1848Leoncio Perejón CampoamorRelixión e Moral1848-1851Francisco Fariña RodríguezMatemáticas1849-1852Antonio Rodríguez SilvaHistoria Natural1852-1859Gabriel Sierra RodríguezRelixión e Moral1859-1870Francisco Fariña RodríguezMatemáticas1870-1873Gumersindo Laverde RuizRetórica e Poética1873-1874Francisco Serrano PallarésPsicoloxía, Lóxica e Ética1874-1878Antonio Magín PlaXeografía e Historia1878-1900Valentín Portabales BlancoLatín, Retórica e Poética1900-1901Primo Castro PitaHistoria Natural1878-1900Valentín Portabales BlancoRetórica e Poéica1918-1930Salvador Velayos GonzálezFísica e Química1930-1941Alfredo Rodríguez LabajoMatemáticas1941-1955Delio Mendaña ÁlvarezFísica e Química1955-1958Glicerio Albarrán PuenteFilosofía1958-1959Lázaro Montero de la PuenteLingua e Literatura Castelá1959-1963Froilán López LópezLatín1963-1968Delio Mendaña ÁlvarezFísica e Química1968-1969Amable Veiga AriasLatín1969-1973Ángel González FernándezFilosofía1973-1975Jesús Díaz LópezXeografía e Historia

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos Declaración dos dereitos do neno e outras cousas nosas Educación Secundaria

Categoría:IES Lucus Augusti