Ubalá é un concello colombiano do departamento de Cundinamarca, que se atopa na provincia do Guavio, a 126 km ó leste de Bogotá, e a unha altura de 1949 ms.n.m. A vía de acceso máis adoita é a que toma a ruta La Calera, Guasca e Gachetá.
Toponimia O topónimo Ubalá, en muysc cubun (lingua muisca), significa «lugar da faldra» ou «lugar da pendente».
Historia Na época precolombiana o territorio do actual municipio de Ubalá estivo habitado polos chíos, pobo que facía parte da Confederación Muisca, e que estaban asentados no que hoxe é o casarío de Pueblo Viejo. Trala chegada dos españois, foron habitados os sitios de Pauso, Siatala, Tualá, Zaque, Cusio, Guavio, Juiquín, Chusneque, Mámbita e Sueva; estes dous últimos sobreviviron constituíndose en vereas.
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina oficial
Categoría:Concellos de Cundinamarca Categoría:Confederación muisca