As aventuras de Mikołaj Doświadczyński (en ) é unha novela escrita en polaco por Ignacy Krasicki e publicada en 1776. Trátase da primeira novela composta en lingua polaca, un fito na literatura polaca.

Foi traducido ó galego por Lúa García Sánchez e publicado pola Rinoceronte Editora en 2019.

Sinopse A novela de Krasicki conta a a vida de Mikołaj, un nobre polaco. Durante as súas estadías en Varsovia, París e a illa ficticia de Nipu (baseada no Xapón, coñecida polos nativos como Nippon), o protagonista ten numerosas experiencias que o conducen cara a unha visión rationalista do mundo e a como converterse nun bo home, e polo tanto un bo cidadán. Esta ollada racionalista, presente nas obras de Krasicki, constitúe unha apoloxía da Ilustración e da fisiocracia.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha do libro en Rinoceronte Editora

Categoría:Obras literarias de 1776 Categoría:Obras literarias en polaco Categoría:Obras traducidas do polaco ao galego