O Mundial de Fútbol (ou Copa do mundo) Alemaña 2006 realizouse por segunda vez en Alemaña (a primeira vez foi no ano 1974, en Alemaña Occidental). Foi o país sede e polo tanto o único pre-clasificado. Por primeira vez na historia do campionato, o campión do torneo anterior (no caso, a selección brasileira) precisou disputar as eliminatorias previas para poder defender o dereito de participar no torneo. Trinta e dous países participaron na Copa de 2006, cuxa final aconteceu o día 9 de xullo.

A decisión de confiar a Alemaña a organización do torneo foi controvertida, xa que se esperaba que o campionato ocorrese en Suráfrica. Os outros países candidatos á organización eran Inglaterra, Marrocos e o Brasil. Desde que se fixo a escolla, o órgano que controla mundialmente o fútbol, a FIFA, afirmou publicamente a súa intención de rotar o país sede entre as súas confederacións integrantes. A sede para o Mundial seguinte foi escollida logo en seguida: Suráfrica albergará os partidos do Mundial de Fútbol Suráfrica 2010. Como preparación para a competición, a FIFA organizou a Copa das Confederacións 2005 en Alemaña, torneo gañado por Brasil. Agárdase que a Copa do Mundo de 2014 sexa en América do Sur.

Segundo cos resultados obtidos nas eliminatorias, os 32 países clasificados son: Alemaña (previamente clasificada como país sede), Arxentina, Brasil, Paraguai, Ecuador, México, Estados Unidos de América, Trinidad e Tobago, Costa Rica, Portugal, España, Inglaterra, Francia, Italia, Suíza, Suecia, República Checa, Ucraína, Serbia e Montenegro, Países Baixos (Holanda), Croacia, Polonia, Togo, Ghana, Angola, Costa do Marfil, Tunisia, Xapón, Arabia Saudita, Irán, Corea do Sur e Australia.

Por primeira vez na historia dos Mundiais de Fútbol, tres países lusófonos estiveron presentes (Portugal, Angola e o Brasil). E é a primeira vez, tamén, que a Concacaf terá catro representantes (EUA, México, Costa Rica e Trinidad e Tobago), o mesmo número que os de América do Sur e Asia.

miniatura|244px|dereita|Teamgeist™ ("espírito de equipo"). Balón oficial do campionato.

Expectativas antes do torneo miniatura|250px|Países participantes dereita|250px

A Selección brasileira de fútbol era unha das grandes favoritas, do mesmo xeito que a Selección arxentina, a Selección inglesa e a Selección italiana. A pesar de ter obtido bos resultados nas últimas copas e xogar en casa, a Selección alemá non era favorita. Unha enquisa publicada o 16 de marzo de 2006 apuntaba que so o 3% dos alemáns crían na vitoria. Para esas baixas expectativas xermanas, contou a derrota contra a selección italiana por 4-1 no día 1 de marzo nun amigable preparatorio para o torneo.

O escepticismo da poboación reflectíase nos propios xogadores alemáns. O capitán e principal xogador da selección, Michael Ballack, deu unha entrevista ó seminario deportivo alemán "Sport-Bild" no día 9 de maio afirmando que o equipo é novo e con pouca experiencia, e que non sería unha sorpresa se fose eliminada na primeira fase.

Diego Armando Maradona declarou o 4 de abril de 2006 que consideraba a Brasil como principal favorita, lugar que non lle atribuía a Arxentina. Nas súas palabras: "Se non fora Brasil, despois vén Inglaterra, Italia e Alemaña"

Pelé, cando lle preguntaron sobre cal sería o favorito na súa opinión, preferiu calar, por ter errado tódalas veces que se pronunciou sobre a selección favorita: en 1994, dixo que sería a Colombia; en 1998, dixo que a España era o mellor equipo, e o Brasil tiña problemas na defensa; e en 2002, debido á mala campaña do Brasil nas eliminatorias, seleccións coma Inglaterra, Portugal, Suecia e Arxentina eran as súas preferidas. A menos dun mes do torneo, Pelé acabou admitindo que non cría na vitoria do Brasil. Para Pelé, os favoritos sempre perden. Moi criticado no seu país por tal declaración, Pelé curiosamente atinou: o Brasil acabaría eliminado por Francia nos cuartos de final.

A revista semanal alemá Stern indicou, nunha sondaxe realizada polo instituto Forsa, que entrevistou a 1000 alemáns, que o 17% dos entrevistados non cría que a súa selección pasara da primeira fase, aínda que o grupo da selección anfitrioa era considerado un grupo "frouxo". A pesar de todo, o pobo alemán apoia ao técnico pois, de acordo coa mesma sondaxe, o 66% cren que debe permanecer no cargo mesmo se o equipo perde o partido de preparación contra a selección dos EUA o 22 de marzo, en Dortmund, unha das cidades sede da Copa.

Nunha sondaxe de decembro de 2004, a revista "Sport Bild" indicou que apenas o 10,4% dos alemáns crían no título. Repetíndoa en abril, a porcentaxe diminuí ata o 5%, acreditando o 29,1% que a selección será eliminada en oitavos de final e o 10,8% pensando que sería eliminada na primeira fase. O adestrador Jürgen Klinsmann contaba co apoio dun 60% dos entrevistados.

Entre os brasileiros a expectativa era de que a selección trouxese o título novamente. Unha sondaxe divulgada no día 25 de maio polo Instituto CNT/Sensus apuntou que o 79,8% dos brasileiros cren no hexacampionato mundial.

Na Italia, a menos dun mes para o torneo estoupou un escándalo de compra de árbitros no fútbol italiano. As denuncias acabarán sendo dirixidas ó tamén técnico da selección italiana, Marcello Lippi,

Sedes

CidadeEstadioClubCapacidadeBerlínOlympiastadionHertha Berlin76.176DortmundSignal Iduna ParkBorussia Dortmund66.981 FrankfurtCommerzbank-ArenaEintracht Frankfurt48.132GelsenkirchenVeltins-ArenaSchalke 0453.804HamburgoAOL ArenaHamburger SV51.055HannoverAWD-ArenaHannover 9644.652KaiserslauternFritz-Walter-StadionFC Kaiserslautern41.170ColoniaRheinEnergieStadionFC Köln46.120LeipzigZentralstadionFC Sachsen Leipzig44.199MünchenAllianz-ArenaBayern Múnic66.016NurembergFrankenstadionFC Nürnberg41.926StuttgartGottlieb-Daimler-StadionVfB Stuttgart54.267

300px|dereita Un total de 12 cidades alemás foron selecionadas para recibir a fase final da Copa do Mundo de 2006 entre un total de 20 candidaturas, tendo sido descartadas Bremen, Düsseldorf, Mönchengladbach, Bochum e Duisburgo.

Os estadios comezaron a ser preparados pouco tempo despois de seleccionadas as cidades. Namentres que algúns apenas sufriron pequenas adaptas, moitos tiveron que ser completamente reformados e outros foron construídos especialmente para o torneo. Cada estadio modernizado necesitou dun investimento entre 48 e 280 millóns de euros; e máis de 1,38 billóns de euros foron gastos para os novos estadios. Como comparación, para o torneo de 1974, gastáranse 242 millóns de marcos (aproximadamente 121 millóns de euros) para a habilitación de tódolos centros deportivos.

A capacidade efectiva dalgúns dos estadios na Copa do Mundo, en particular no Westfalenstadion, será máis baixa que os números citados, xa que o regulamento da Bundesliga permite que se manteñan partes onde o público pode permanecer de pé, mentres que as regras da FIFA non o permiten, polo que deberán ser instalados asentos nas áreas con esas características para a Copa do Mundo, reducindo, así, un pouco a súa capacidade.

Tamén, durante a Copa do Mundo, moitos dos estadios serán oficialmente coñecidos por nomes diferentes, xa que a FIFA prohibe patrocinio no nome dos estadios. Por exemplo, o Allianz Arena será coñecido durante a competición coma "FIFA WM-Stadion München" (Estadio da Copa do Mundo da FIFA Múnic), mentres que o Veltins-Arena será revertido para o seu nome orixinal de "Arena AufSchalke".

Das doce cidades-sede, apenas dúas non pertencían completamente a Alemaña Occidental, Leipzig e Berlín.

Países clasificados dereita|miniatura|220px|Mapa dos países classificados para o torneio. Após os partidos da rolda de clasificación do 16 de novembro de 2005, os seguintes países aseguraron a clasificación (mostrados aquí separados por asociación rexional):

Europa (UEFA) PaísParticipaciónsClasificación15sé2*8 de outubro de 20051112 de outubro de 2005 78 de outubro de 2005118 de outubro de 2005158 de outubro de 200568 de outubro de 2005 38 de outubro de 2005 1*12 de outubro de 20051012 de outubro de 2005Estrea3 de setembro de 2005716 de novembro de 20051116 de novembro de 2005 Estrea**16 de novembro de 2005

*O Reino de Iugoslavia (1930) e a República Socialista Federal de Iugoslavia (1950-1990) clasificáronse oito veces para a Copa do Mundo antes da separación das repúblicas iugoslavas a partir de 1992: Serbia e Montenegro, Croacia, Eslovenia, Bosnia e Hercegovina e Macedonia do Norte. En 1998, Iugoslavia (que se limitaba a un territorio bastante menor que o inicial) participou tamén na copa. **Checoslovaquia foi dividida en Eslovaquia e República Checa en 1993. As dúas seleccións formadas a partir de entón son consideradas distintas de Checoslovaquia.

América do Sur (CONMEBOL) PaísParticipaciónsClasificación138 de xuño de 2005 17 (único totalista)4 de setembro de 200518 de outubro de 200568 de outubro de 2005

América Central, do Norte e Caribe (CONCACAF) PaísParticipaciónsClasificación7 12Estrea2

Asia (AFC) PaísParticipaciónsClasificación38 de xuño de 2005 68 de xuño de 200528 de xuño de 200528 de xuño de 2005

África (CAF) PaísParticipaciónsClasificaciónEstrea8 de outubro de 2005 Estrea8 de outubro de 2005Estrea8 de outubro de 2005Estrea8 de outubro de 200538 de outubro de 2005

Oceanía (OFC) PaísParticipaciónsClasificación116 de novembro de 2005

Sorteo O sorteo foi o 9 de decembro de 2005, en Leipzig, Alemaña. As 32 seleccións clasificadas para a fase final da Copa do Mundo foron divididas en 8 grupos (A, B, C, D, E, F, G e H) de 4 países cada un. As seleccións do Brasil, Inglaterra, España, México, Francia, Arxentina, Italia e Alemaña foron escollidas coma cabezas de serie de cada un deles.

Alemaña, país-sede, como tradicionalmente acontece, estará no Grupo A e o Brasil, como último campión, fica no Grupo F, para evitar un posible enfrontamento con Alemaña antes da final. Equipos do mesmo continente foron distribuídos de modo a non fiquen no mesmo grupo, coa excepción feita a Europa, que nalgúns grupos posúen dúas seleccións, xa que tiveron máis clasificados (14) que calquera outro continente. Son 8 os cabezas de serie, cada un colocado en grupos separados no sorteo en virtude de estaren todos no Pote 1. Os cabezas de serie foron escollidos o 6 de decembro. A excepción da España e México, escollidos por criterios técnicos como desempeño nas últimas dúas edicións, tódolos outros xa foran campións mundiais. Potes 2, 3 e 4 son preparados "de tal forma que alcance a mellor distribución xeográfica posíbel entre os grupos." Serbia e Montenegro, como a selección europea de peor posición no ránking da FIFA, foi colocada nun "pote especial" para previr que tres países da Zona Europea ficasen no mesmo grupo. Primeiro era sorteada a selección, e despois o seu lugar no grupo.

Pote A Pote B Pote C Pote D

Pote especial

Máis información: Explicación da FIFA sobre o sorteo e reportaxes da BBC sobre a distribución dos cabezas de serie e dos potes.

Logo dos sorteos moitos comentaristas afirmaron que os grupos C e E eran os chamados grupos da morte, por teren fortes equipos disputándose unha praza. Artigo do xornal The Guardian sobre o 'Grupo da Morte' Artigo da FOX Sports sobre o 'Grupo da Morte'

Composición dos equipos Cada selección consta de 23 xogadores. Cada xogador mantén o mesmo número durante todos os partidos do Mundial. No caso de lesión a selección ten o dereito da substitución até 24 horas antes do primeiro partido. http://eur.i1.yimg.com/eur.yimg.com/i/eu/fifa/regen.pdf Regras oficiais FIFA (PDF).

Árbitros A lista de abaixo contén os 23 grupos de árbitros do Mundial de 2006.