Ophelia Alcantara Dimalanta, nada en San Juan (Gran Manila) o 16 de xuño de 1932 e finada en Navotas o 4 de novembro de 2010, foi unha escritora, editora e profesora filipina. Publicou libros de poesía, crítica, teatro e prosa, e editou varias antoloxías literarias. En 1999 recibiu o S.E.A. Write Award.

Traxectoria Dimalanta estudou Filosofía na Universidade de Santo Tomás, e tivo formación musical como pianista. Foi escritora residente e profesora de Literatura e Escrita Creativa na mesma universidade até a súa morte. Durante a súa carreira académica ocupou diversos cargos administrativos, como decana da Facultade de Artes e Letras, e directora do Centro de Escrita e Estudos Creativos. En 1995 foi fundadora do Coro da Facultade e do Coro de Artes e Letras da Universidade de Santo Tomás, con Paulo Zarate como primeiro director. Escribiu a letra do himno de dita facultade. Tamén deu clase no Colexio de San Juan de Letrán e na Universidade de La Salle.

Impartiu obradoiros na Universidade de Filipinas, Universidade Silliman en Dumaguete, e a Universidade Mindanao-Instituto de Tecnoloxía de Iligan. Foi xurado en certames literarios como o Premio Nacional de Literatura de Filipinas do Círculo da Crítica de Manila (do que foi membro fundador e presidente), os Premios Literarios da Prensa Independente de Filipinas, e o Premio de Literatura Don Carlos Palanca.

En 1974 publicou o seu primeiro poemario, Montage, que acadara o Premio de Poesía da Universidade do Estado de Iowa e o premio de Literatura Palanca en 1974 na categoría de poesía. En 2002 publicouse a obra dramática en verso Lorenzo Ruiz, Escribano: A Play in Two Acts, con tradución ao filipino de Florentino H. Hornedo e Michael M. Coroza. A obra fora estreada o 22 de febreiro de 1994 na Universidade de Santo Tomás con dirección de Isagani R. Cruz. Dimalanta publicou recensións críticas en prensa local e internacional. Obra Poesía Finder Loser Montage (1974) Time Factor (1983) Flowing On (1988) Lady Polyester (1993) Love Woman (1998) Passional (2002) The Ophelia Alcantara Dimalanta Reader, Volume 1, Poetry (2005)

Crítica The Philippine Poetic

Antoloxías Anthology of Philippine Contemporary Literature Readings from Contemporary English

Prosa The Ophelia Alcantara Dimalanta Reader, Volume 2, Prose (2006)

Drama Lorenzo Ruiz, Escribano: A Play in Two Acts (2002)

Notas

Categoría:Nados en Filipinas Categoría:Nados en 1932 Categoría:Finados en 2010 Categoría:Escritores de Filipinas Categoría:Alumnos da Universidade de Santo Tomás Categoría:Escritores en lingua inglesa Categoría:Personalidades sen imaxes