Antonio Gómez López, nado en Vila de Cruces en 1902 e finado en Pontevedra o 26 de xaneiro de 1937, foi un político galego.
Traxectoria Emigrante retornado. Foi elixido tesoureiro de Izquierda Republicana en febreiro de 1935. Co triunfo da Fronte Popular foi nomeado concelleiro de Carbia e elixido primeiro tenente de alcalde na corporación presidida por Benjamín Salgado Uribe. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 era o alcalde en funcións. Foi detido e trasladado a illa de San Simón, a espera de xuízo. Xulgado en Pontevedra en consello de guerra o 9 de xaneiro por rebelión xunto con outros 18 republicanos de Carbia,El Progreso, 8-1-1937, p. 3. foi condenado a pena de morte. Foi executado en Pontevedra o 26 de xaneiro de 1937 ás 17:30 con Primo López Rivadulla, Manuel Sarmiento Debén e Eduardo Brea Cajide.Diario de Pontevedra, 27-1-1937, p. 2.
Notas
Véxase tamén Bibliografía Igrexas, Manuel: "Os fusilados de Vila de Cruces" (29/8/2012) en Historias de Deza.
Ligazóns externas Vítimas da represión franquista en Vila de Cruces
Ficha en Memoria da Coruña
Categoría:Concelleiros de Vila de Cruces Categoría:Concelleiros de Galicia durante a II República Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Vila de Cruces Categoría:Nados en 1902 Categoría:Finados en 1937 Categoría:Fusilados Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos