é unha personaxe ficticia da franquía xaponesa Neon Genesis Evangelion. Ela é a piloto do robot de combate Evangelion Unidade 00. Ó comezo da serie, Rei é unha personaxe enigmática cuxo comportamento estraño sorprende ós seus compañeiros. A medida que a serie progresa, involúcrase cada vez máis coa xente que a rodea, particularmente o seu compañeiro e piloto de Evangelion Shinji Ikari. Revélase como un factor clave nos eventos que conclúen a historia. O seu papel nesta conclusión non queda de todo claro na serie de televisión, mais é un dos principais puntos da trama de Evangelion: O final de Evangelion.

Concepción Como moitos personaxes de Evangelion, o apelido Ayanami provén dun buque xaponés da segunda guerra mundial, o destrutor de tipo Fubuki Ayanami.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:Personaxes de Neon Genesis Evangelion