Adam Thomas Jones, nado en Park Ridge (Illinois) o 15 de xaneiro de 1965, é o guitarrista da banda de rock Tool. Tamén é o encargado de crear os vídeos do grupo e tamén é moi respectado polo seu traballo como artista visual.
Traxectoria Jones medrou en Libertyville, Illinois, e tocou o violín na escola de primaria. Foi aceptado no programa Suzuki e continuou tocando o violín no seu primeiro ano de instituto. Cambiou o violín e tocou o baixo durante tres anos nunha orquestra.
Amigo do guitarrista Tom Morello, o cal por aquela época vivía tamén en Illinois, tocaron xuntos na banda de rock Electric Sheep. Non pasou moito tempo ata que Adam Jones colgou o seu baixo e comezou a tocar a guitarra.
Categoría:Guitarristas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1965 Categoría:Nados en Park Ridge, Illinois