A expresión "metais de cuñaxe" pódese referir tamén aos elementos do grupo 11. miniatura|Lingote e moedas de ouro. Os metais de cuñaxe abranguen os elementos químicos metálicos que se foron utilizando historicamente como materiais únicos ou como compoñentes en aliaxes na fabricación de moedas."Metais de cuñar". En Bermejo, M. R.; González, A.; Vázquez, M. (2006). Páxina 57"Táboa periódica dos elementos". Consello da Cultura Galega.

Esta serie de elementos non está pechada, xa que hai determinados metais que hoxe se utilizan exclusivamente para moedas "de demostración" e que nalgún momento poderían chegar tamén a ser a base de emisións de moedas de curso legal (por exemplo, o circonio).Le site des métaux & alliages monétaires . Etna-Mint.frClayton, T. "Metals Used in Coins and Medals". En Tony Clayton's Home Page.Jay & Marieli. (1992).

En xeral, debido aos problemas que se orixinan cando metais de cuñaxe posúen un elevado valor intrínseco, no século XXI téndese a utilizar para a cuñaxe os metais máis comúns e menos custosos.

Historia miniatura|Dárico aqueménica de ouro. miniatura|Siclo aqueménida de prata. Historicamente, a maioría dos metais (e aliaxes) monetizados correspóndense cos tres elementos non radioactivos do grupo 11 da táboa periódica: ouro, prata e cobre, este último comunmente ligado con estaño e ás veces outros metais máis para formaren o bronce."Metais de cuñar". En Bermejo, M. R.; González, A.; Vázquez, M. (2006). Páxina 57 Estes metais e aliaxes foron os utilizados para a práctica totalidade das emisións de moeda do mundo antigo e da Idade Media.

A historia da moeda comeza no mundo occidental arredor do ano 700 a. C. na illa de Exina ou, segundo outras fontes, en Éfeso, no reino de Lidia, cara ao 650 a. C. A India antiga, no século VI a. C., foi outra das primeiras rexións do mundo en coñecer a moeda."Aegina". En Snible.org"A Case for the World's Oldest Coin: Lydian Lion ". En Numismatics. Coins and Coin Collecting. Aquelas primeiras cuñaxes estaban feitas de electro, unha mestura de ouro e prata de cor amarela pálida e de orixe natural que aínda se aliaba máis con prata e con cobre."L'électrum ou or pâle monnayé dans l'antiquité ". En Sacra Moneta.

O dárico persa foi a primeira moeda de ouro. Xunto cunha moeda similar cuñada en prata, o siclo, representaban o padrón monetario do Imperio Aqueménida, que continuou ata tempos recentes."Daric". En Alram, Michael. Encyclopaedia Iranica."Siclo" e "Shekel (2)". En Alfaro Asins et Al. (2009)

Con todo, a partir daquelas primeiras emisións do mundo clásico o número de metais utilizados na cuñaxe foi aumentando, tanto no relativo aos dun valor intrínseco máis elevado como no que se refire aos máis comúns, utilizados na moeda circulante actual, dotada de valor fiduciario."The Four Different Types of Money". En Quickconomics. 30 de xullo de 2019. Hoxe utilízanse tamén metais preciosos, particularmente nas coñecidas como "moedas de investimento" ou "moedas de colección", e non nas moedas circulantes, nas que o valor do metal ten que ser necesariamente inferior ao seu valor facial."Investing in Bullion and Bullion Coins". Federal Tradde Comission.

Requisitos dun metal para a cuñaxe miniatura|Moeda chinesa de ferro, un metal pouco usado na moeda pola súa doada corrosión. As moedas destinadas á circulación deben cumprir uns requisitos para seren eficaces. Por exemplo, unha moeda pode estar en circulación durante máis de 30 anos, polo que debe ter resistencia ao desgaste e amosar unhas excelentes propiedades anticorrosión. A consecución deste obxectivo require o uso de aliaxes xogando cos metais básicos. Neste sentido, metais como o manganeso entran a formar parte destas aliaxes, por lles dar moita resistencia ás moedas, aínda que dificulta o proceso de cuñaxe e provoca un maior desgaste da maquinaria das cecas."New alloy for five-cents coin". En Technical News Bulletin of the National Bureau of Standards. Nº 310. Febreiro de 1943. Washington. Páxinas 9-11.

Existe o risco, especialmente na cuñaxe de moedas de valores faciais baixos, de que o valor intrínseco do metal chegue a ser superior ao valor nominal da moeda, o que en ocasións pode levar a que se acumulen estas moedas e se destinen á súa posterior fundición. Por exemplo, os peniques británicos anteriores a 1992 estaban feitos dun 97 % de cobre pero a partir de 2008, de acordo co prezo deste metal, o valor dun penique dos anteriores pasou a ser de 1,5 dos novos, que pasaron a elaborarse en aceiro bañado en cobre."What's a Penny Made Of?". En Live Science. 21 de xuño de 2016. Por razóns similares, os centavos estadounidenses, antano cuñados en aliaxes de cobre, elabóranse desde 1982 con cinc bañado en cobre."United States Circulating Coin Values". En Coinflaction.com.Headley, S. "Is My Penny Solid Copper or a Copper-Plated Zinc Cent? ". En The Spruce Crafts. 16 de xullo de 2019."Penny". En United States Mint.

Este problema motivou que case se acabe co uso dunha aliaxe moi común nas cuñaxes do século XX, chamada cuproníquel, con proporcións variables de cobre e níquel, aínda que a máis habitual é 75 % Cu e 25 % Ni."Cuproníquel". En Koustallis, S. K. (2008). Esta aliaxe, de cor prata, é dura, resistente e ten unhas excelentes propiedades para cuñaxe, mais no século XXI a suba dos prezos de ambos os metais que a compoñen fixo que se empezase a experimentar máis con outras aliaxes baseadas no aceiro, mesmo co aceiro inoxidable. Por exemplo, na India cuñáronse moedas de aceiro inoxidable cun 82 % de ferro e un 18 % de cromo, e moitos outros países que estaban a emitir moedas cun custo do metal superior ao valor facial están a experimentar coas aliaxes de aceiro."New Ferritic Stainless Steel Coins of Rs.5/- to commemorate the occasion of "75 Years of Dandi March"". Reserve Bank of India.

Materiais usados na fabricación de moeda

Metais usados na moeda circulante Estes son os metais utilizados para a cuñaxe de moedas destinadas á circulación ao longo da historia, ben individualmente ou ben formando parte de aliaxes:"Tableau récapitulatif des métaux monétaires ". En Le site des métaux & alliages monétaires. Etna-Mint.fr

Aluminio. Cuñado por primeira vez en ensaios en varias cecas da Casa da Moeda dos Estados Unidos en 1863, utilizouse para cuñaxes convencionais a partir de 1907 en moedas dos protectorados británicos de África Oriental e de Uganda. Úsase adoito para moedas de escaso valor e tamén como compoñente de diversas aliaxes."L'aluminium ". En Le site des métaux & alliages monétaires. Etna-Mint.fr"Aluminio". En Alfaro Asins (2009)."The First Aluminium Coin of the World". En Mintage World."1 Cent - Edward VII". En Numisma.com. Antimonio. Utilizado en Guizhou, China, na moeda de 10 céntimos de 1931. É máis habitual atopalo en aliaxes modernas."Kweichow 1931 (year 20) 10 cents Y-429". En Coin Facts Wiki. Chumbo. As primeiras cuñaxes de chumbo producíronse na illa de Samos ca. 533-522 a. C., de xeito excepcional e en período de crise económica. Houbo emisións posteriores, como as da península india ou as da Numidia dos séculos II e III a. C.., entre outras. Na moeda bizantina recuperouse o chumbo nalgúns tetartera e mantívose en moi contadas ocasións en época medieval."Le plomb". En Le site des métaux & alliages monétaires. Etna-Mint.fr"Plomo". En Alfaro Asins (2009). Cinc. Sen formar parte de aliaxes é un metal pouco frecuente na moeda e relaciónase sempre con cuñaxes de guerra ou de épocas de crise, por mor do seu escaso valor. Unha das primeiras produciuse para o protectorado francés de Tonkín en 1905. Coñécense tamén emisións na época hiperinflacionista alemá."Le zinc ". En Le site des métaux & alliages monétaires. Etna-Mint.fr"Cinc". En Alfaro Asins (2009). Cobre. Utilizado da amoedación desde a aparición das primeiras moedas no século VII a. C. e de ampla expansión na antiga China. Na Idade Media o seu uso foi moi esporádico e, xa na Idade Moderna, retomou o seu protagonismo nas cuñaxes dos séculos XVII a XIX."Le cuivre". En Le site des métaux & alliages monétaires. Etna-Mint.fr"Cobre". En Alfaro Asins (2009). Cromo. Utilizado como baño en moedas doutros metais e, máis raramente, formando parte de aliaxes de aceiro inoxidable."Cromo". En Koustallis, S. K. (2008). Estaño. O estaño coñécese desde o terceiro milenio a. C. e na Antigüidade utilizábase como elemento constituínte do bronce, ligado co cobre. No século XVII Inglaterra cuñou moedas divisionarias bimetálicas con estaño no exterior e un pequeno núcleo de cobre. Desde aquela experiencia e ata o século XX, as escasas emisións de moeda de estaño tiveron lugar en países asiáticos: China, Malaisia, Indonesia e Tailandia."L'étain ". En Le site des métaux & alliages monétaires. Etna-Mint.fr"Estaño". En Alfaro Asins (2009)."1 Farthing - James II 1st type". En Numista. Ferro. É un metal moi facilmente afectado pola corrosión, polo que non é de uso habitual na amoedación. As primeiras cuñaxes coñecidas de ferro tiveron lugar en Esparta no século VII a. C. A procura de metais pouco custosos en períodos de crise favoreceu o seu uso, aínda que esporadicamente, nalgunhas ocasións no século XX."Le fer". En Le site des métaux & alliages monétaires. Etna-Mint.fr"Hierro". En Alfaro Asins (2009). Magnesio. En 1943 emitíronse moedas de magnesio e aluminio para o gueto de Łódź, en Polonia.Searls, BJ. "Lodz Ghetto Token Coinage". Professional Coin Grading Service (PGCS). Utilízanse tamén na India. Manganeso. En ocasións lígase co ferro na fabricación do aceiro. Utilizouse en moedas de 5 centavos dos Estados Unidos en tempos de guerra e, máis recentemente, nese mesmo país para harmonizar as propiedades magnéticas e eléctricas de moedas actuais con outras anteriores, nas máquinas expendedoras."Manganeso". En Koustallis, S. K. (2008).Lange, D. W. "The Wartime Silver "Nickels" of 1942-45". "Part One". "Part Two". En NGC. 17 de marzo e 17 de abril de 2008. Níquel. Utilizouse na Antigüidade formando parte de aliaxes e máis modernamente na fabricación do aceiro inoxidable. A primeira moeda de níquel puro foi a de Suíza de 20 rappen de 1881. As moedas de níquel popularizáronse no século XX logo da I guerra mundial en substitución das de prata, polo alto valor deste último metal."Le nickel". En Le site des métaux & alliages monétaires. Etna-Mint.fr"Níquel". En Alfaro Asins (2009). Ouro. A existencia de moedas de ouro comeza no Reino de Lidia no século VI a. C., cando se abandona o electro e se establece un dobre padrón prata-ouro. Desde entón, foi o metal máis habitual das emisións de moeda de máis alto valor (dárico, áureo, sólido, nomisma, dinar, florín, escudo, ducado etc.). O seu uso cesou logo da primeira guerra mundial, pola necesidade de emitir diñeiro fiduciario para financiar o esforzo bélico."L'or ". En Le site des métaux & alliages monétaires. Etna-Mint.fr"Oro". En Alfaro Asins (2009).García Ruiz, J. L. (1992). Platino. En emisións para a circulación, só foi cuñada nas moedas rusas con valores de 3, de 6 e de 12 rublos a nome de Nicolao I, entre 1828 e 1845."Le platine ". En Le site des métaux & alliages monétaires. Etna-Mint.fr"Platino". En Alfaro Asins (2009). Prata. A cuñaxe de moedas de prata comezou cara a 600 a. C. na illa de Exina: uns estateros que amosaban o símbolo da illa, unha tartaruga. Desde entón e ata mediados do século XX, a moeda de prata estivo presente en todas as civilizacións e foi a máis utilizada nas actividades comerciais cotiás, con denominacións tan importantes como tertradracma, cuadrigato, denario, miliarense, savraton, real de oito, tálero, dólar etc.)."L'argent ". En Le site des métaux & alliages monétaires. Etna-Mint.fr"Plata". En Alfaro Asins (2009).

Aliaxes usadas na moeda circulante

Estas son as aliaxes máis comunmente utilizadas na fabricación de moeda:"Tableau récapitulatif des alliages monétaires". En Le site des métaux & alliages monétaires. Etna-Mint.fr