O Fútbol Club Villa Clara é un club de fútbol de Cuba, da provincia de Vila Clara. Xoga no Campionato Nacional de Fútbol de Cuba, onde é o club máis laureado con 14 títulos.
Uniforme
Uniforme titular: Camiseta a raias verticais brancas e laranxa, e pantalón e medias laranxa.
Estadio O Club de Fútbol Villa Clara xoga os seus partidos no estadio Camilo Cienfuegos, en Zulueta, no concello de Remedios, aínda que ás veces xoga de local no estadio do municipio de Santo Domingo.
Palmarés
Torneos nacionais
Campionato nacional de fútbol de Cuba (14) : 1980, 1981, 1982, 1983, 1986, 1992, 1996, 1997, 2002 - 2003, 2004 - 2005, 2011, 2012, 2013, 2016
Véxase tamén
Ligazóns externas
O FC Villa Clara en Transfermarket .
Categoría:Equipos de fútbol de Cuba