miniatura|Anverso das 100 liras de 1957, cuñadas en acmonital O acmonital (acrónimo do italiano: acciaio monetario italiano; "aceiro monetario italiano") é unha aliaxe monetaria, variante do aceiro inoxidable tradicional, utilizada para a cuñaxe de moedas con valores faciais expresados en liras italianas."Coins of steel alloy for Italy". En The New York Times. 4 de xuño de 1939."Acmonital". Bolaffi Collezionismo. Tamén se atopa en moedas circulantes do Vaticano e San Marino, e da Albania baixo a dominación Italiana."Acmonital / Acmonitalmünzen". BTN Münzen.

Composición O acmonital é un tipo de aceiro inoxidable á base de cromo, ferro e ás veces níquel, e con pequenas proporcións de carbono, magnesio, silicio, xofre e fósforo, que ten dúas manifestacións diferentes en función de cales sexan os seus compoñentes principais e as súas porcentaxes, con cadanseu código AISI do American Iron and Steel Institute:"Il Nickel e le sue Leghe nella Monetazione ". Società Numismatica Italiana.

AISI 304: aliaxe non magnética, cun 72 % de ferro, un 18 % de cromo e un 10 % níquel; máis dura e pesada, polo seu contido en níquel."AISI 304 (S30400) Stainless Steel". MakeltFrom.com AISI 430: aliaxe con propiedade magnética, composta por un 82 % de ferro e un 18 % de cromo."AISI 430 (S43000) Stainless Steel". MakeltFrom.com

Uso na moeda italiana O acmonital deseñouse para a cuñaxe de moedas italianas na Zecca dello Stato, de Roma, a partir de 1939 a nome de Vítor Manuel III, concretamente os valores de 20 e 50 centésimos, e de 1 e 2 liras."Acmonital". En Sapere.it Estas primeira cuñaxes producíronse en acmonital non magnético (código 304).

As emisións posteriores a 1940 producíronse con acmonital magnético (AISI 430), de menor dureza e menor peso que as anteriores, ao careceren de níquel na súa composición. Neste segundo período serviu para a cuñaxe das moedas de 50 e de 100 liras da República Italiana e para a parte exterior da moeda bimetálica de 500 liras (esta desmonetizada en 1998), as derradeiras series en liras antes da implantación do euro.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Metais e aliaxes de cuñaxe

Categoría:Metais e aliaxes de cuñaxe Categoría:Terminoloxía numismática