An alarc'h ("o cisne" en bretón ), é unha canción tradicional bretoa, do Barzaz Breiz, considerada unha canción patriótica. Cántana cantantes bretóns contemporáneos como Alan Stivell, Gilles Servat ou Tri Yann.
Presentación Segundo Theodore Hersart de la Villemarqué, An Alarc'h contaría o regreso triunfante do duque Xoán IV (Aotrou Yann), para reconquistar o seu ducado, despois de ser expulsado seis anos antes polos seus súbditos. Non obstante, estando aínda máis ameazada a independencia do ducado sen el que con el, os señores bretóns enviaran unha delegación a Inglaterra onde se refuxiara para pedirlle que volvese. Desembarca en Dinard o 3 de agosto de 1379 para recuperar o trono da Bretaña. O "traidor" ao final da canción sería o cabaleiro bretón Bertrand Du Guesclin, condestable de Francia que, con todo, non emprendeu a loita contra o regreso do duque. An alarc'h é o cisne que, na canción, asiste á escena desde a parte superior da torre do castelo de Arvor.
Letra Letra Significado da letra en galego Un cisne, un cisne de alén mar, no alto da torre do castelo de Armor! Retrouso: Dinn, dinn, daon! Ao combate! Ao combate! Oh! Dinn, dinn, daon! Ao combate vou
Feliz nova para os bretóns! E maldición vermella para os franceses!
Retrouso:
Un barco entrou no golfo coas súas brancas velas despregadas
O señor Xoán regresou ven defender o seu país
defendernos contra os franceses que invaden aos bretóns
Parte un berro de ledicia que fai tremer a beiramar
As montañas do Laz resoan a egua branca (o mar) rincha e salta de alegría
As campás cantan alegremente en todas as vilas, a cen leguas á redonda
O verán volve, o sol brilla o señor Xoán volveu!
O señor Xioán é un bo compañeiro Ten o pé vivo como o ollo
Chuchou o leite dunha bretoa un leite máis san que o viño vello
A súa lanza, cando a brande, lanza tales lóstregos Que deslumbra tódalas miradas
A súa espada, cando a empuña, golpea con tales golpes Que fende en dous, homes e cabalos
Ataca sempre! Aguanta! Señor duque, ataca! Coraxe! Lávaos (no seu sangue)! Lávaos!
Cando cortamos como ti cortas, Non temos máis soberano que Deus!
Termemos, Bretóns! Termemos ben! Nin favor, nin tregua! Sangue por sangue!
Oh Nosa Señora de Bretaña! Ven ao rescate do teu país! Fundaremos un servizo, un servizo conmemorativo!
O feo está maduro: quen o cortará? O trigo está maduro: que o colleitará?
O feo, o trigo, quen os levará? O rei pretende ser el
El segará en Bretaña cunha gadaña de prata
El segará as nosas pradeiras cunha gadaña de prata E colleitará os nosos campos cunha fouce de ouro
Quererían saber, os franceses, Se os bretóns son mancos?
Querería saber, o señor rei Se é home ou Deus?
Os lobos da Baixa Bretaña renxen os dentes Á espera do bando de guerra
Á espera dos gritos alegres, berran Ao cheirar o inimigo, berran de ledicia
Axiña veremos, nos camiños Correr o sanguer coma auga
Tanto que tornará vermella coma brasa a plumaxe dos parrulos E das brancas ocas que os atraversarán a nado
Veremos máis cachos de lanzas esparexidos Que pólas na terra tras da tormenta
E máis cabezas de mortos Das que hai nos osarios do país
Aí onde caian os franceses quedarán tombados Até o día do xuízo
Até o día que sexan xulgados e castigados Xunto ao Traídor que dirixe o ataque
O sumidoiro das árbores será a auga bendita Que regará a súa tomba! Nas versións recentes engadiuse unha estrofa:
Enor, enor de ar gwenn-ha-du! Ha d'ar C'hallaoued mallozh ruz!
(Honor, honor a "branca e negra" [bandeira bretoa]! E maldición vermella aos franceses!)Letra e comentarios de An alarc'h, sitio de Per Kentel .
Ás veces foi adaptado en
Ha d'an dreitourien mallozh ruz! (E maldición vermella aos traidores!).
Discografía
À l'Olympia - Live, Alan Stivell (1972, Fontana, 6399 005). Je ne hurlerai pas avec les loups, Gilles Servat (1983, Kalondour, 814 362-1). Tri Yann An Naoned, Tri Yann (1972, Kelenn, 6332 626). Huchal, EV (1996, Déclic Communication, 8416742).
Interpretacións A muller de Polig Monjarret, Zaïg Monjarret, adaptou a canción ao scots (Galloway).
Notas
Véxase tamén Bibliografía Jean-Pierre Leguay et Hervé Martin, Fastes et malheurs de la Bretagne ducale (1213-1532), Ouest-France, Rennes, 1982. Goulven Péron, «Sur deux chansons voyageuses: la Chanson du cidre, le Chant du Cygne», Cahier du Poher, juin 2009. Arthur le Moyne de la Borderie, Histoire de la Bretagne, París, 1906. « Bretagne: dans plin (pas) et "An Alarc'h" », L'Escargot Folk n° 46, septembre 1977. Laurent Bourdelas, Alan Stivell, Le Mot et le Reste, 2017.
Ligazóns externas bretagnenet.com, presentación, letras, partitura
Categoría:Cancións en lingua bretoa Categoría:Música da Bretaña